Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 23/24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 23/24. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de febrero de 2025

EDUCACION INFANTIL,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,BREAKOUT EDUCATIVO,POLOS CREATIVOS,AULA STEM,

 Novo robot, 

Photon IA 

aterriza en Infantil


A semana pasada forons os máis peques do cole os que coñeceron ao noso novo robot, ao que bautizaron como Estrela

Hoxe tocoulles aos nenos e nenas de 5 anos presentarse con el. 

Velaquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron hoxe en Polos!



viernes, 28 de junio de 2024

ORIENTACION,orientación,CURSO 23/24,XOGOS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,


E xa para rematar...

Aquí tedes a proposta de actividades e xogos para o verán dende Orientación.

 Moitos  de v@s amosastedes interese  por propostas ou xogos para realizar ao longo deste verán. 
Creouse un tríptico para Educación Infantil con diferentes propostas.

Bo verán!




 







domingo, 23 de junio de 2024

sábado, 22 de junio de 2024

educación vial,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,Emociónate,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,ORIENTACION,orientación,EDUSAÚDE,

 XORNADAS 

DE 

EDUCACIÓN VIAL ,xogos e obradoiros.

23-24

Fin de curso!!!


MEnudo fin de curso tivemos no cole, educación vial, obradoiros en infantil e en primaria de baile, xogos de mesa, cine..

No último día de curso tocoulles aos nenos e  nenas de educación infantil e os cursos de primaria ata cuarto. 

O s maiores atópanse de excursión  e xa disfrutaron das mesmas o mércores 19.




viernes, 21 de junio de 2024

FESTIVAIS FIN DE CURSO,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,

 FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2023/24

Programa... preparándose 

Xoves 20 de xuño 

No auditorio Xulio Vázquez 


Comezamos cun baile medieval de sexto de primaria




Por aquí temos aos peques de infantil 



Os nenos e nenas de primeiro
Coa súa obra e a súa canción 



Os de segundo coas súas obriñas de teatro



Os de terceiro imaxes do teatro
Neste conto non hai un lobo feroz

E a parte musical





Imos cos bailes de cuarto




Os de quinto


CORO DAS EMOCIÓNS 
6°,5° ,4° e 3°



E os simpáticos e divertidos cortos de 6°



ARTS AND KRAFTS,musica no cole,CURSO 23/24,Emociónate,Plurilingūismo,PLURILINGÜISMO,EXPOSICIONS,COLABORACIÓNS,

 

ARTS AND CRAFTS 

This third quarter, the arts and crafts students used their imagination to compose all these works of art where crafts, perspectives and imagination came together to form an authentic museum. 

We hope you enjoy it. happy summer!!!





lunes, 17 de junio de 2024

EDUSAÚDE,EDUSAUDE,CURSO 23/24,ORIENTACION,orientación,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,EXCURSIONS,emocionate,

 FANTÁSTICO DÍA DE ACTIVIDADES EN CABEZA DE MANZANEDA!!

Hoxe foi un día súper divertido.

Moitas actividades e moi ben organizadas foron o eixe deste estupendo día al aire libre .

Divididos en tres grupos os nenos e nenas de primero a sexto curso disfrutaron dunha xornada lúdica, rocódromo, circuito de bicis, bike park, multi aventura, e slack line, e para rematar invitáronnos a xantar nas instalacións.

Foi un día redondo!

Por aquí deixamos vídeos desta xornada.







Grazas a Estación polas actividades e como non aos monitores e monitoras que estiveron con nós!

GRAZAS. A TEO, CLAUDIA E ANTÍA!!

EDUSAÚDE,EDUSAUDE,PROXECTO SAÚDE,COLABORACIONS,Biblioteca de tololeo,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CURSO 23/24,

 Interesante CHARLA NO COLE CUNHA HIXIENISTA DENTAL .


Yolanda trouxo moita información de primeira man sobre...

🟡O coidado da dentición 🦷

🟡Cepillado correcto e frecuencia 🪥

🟡O por que de todos os problemas relacionados coa dentición...

Moitos relacionados coa alimentación e a inxesta de azúcres.🍨🍩🍪🍫🍬🍭

Ollo! Moitos dos alimentos e bebidas, zumos que adoitamos tomar están moito máis cargados de azúcre do que pensamos.

E ollo non o necesitamos!!

Así que a coidarse e rebaixar esas cantidades e alimentarse moi requetebén para que os vosos dentes esten sans!


Todos os nenos e nenas do cole escoitaron con moita atención !!




sábado, 15 de junio de 2024

PATIOS DINÁMICOS NO COLE,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,orientación,ORIENTACION,EDUSAUDE,PROXECTO SAÚDE,

 PATIOS DINÁMICOS NO COLE 

Que comece a diversión!

Desta volta , por fin, conseguimos empezar a facer do noso patio , un espazo divertido, diversificado e dinámico.

Aquí tedes unha mostra dos novos xogos na nosa pista cuberta...

E haberá máis. . 

Seguiremos dando pasos para convertir todas as zonas ao aire libre en lugares de descubrimento, e diversión!!!






Xa temos máis paneis sensoriais  preparados para habilitar o espazo sensorial, todp no noso patio

Marchando!!!!🙂







CURSO 23/24,XORNAL O FISCAÍÑO,XORNAL ESCOLAR,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,COLABORACIONS,

 Estamos a piques de rematar as entregas do noso xornal.

Na última semana do curso, como o ano pasado concederanse os DIPLOMAS Á MELLOR SECCIÓN DE CADA CURSO 



Do

XORNAL O FISCAÍÑO.

Queremos así recoñecer o voso traballiño durante este curso.!

Terá lugar na última semana lectiva e serán publicados no blog e no corcho da entrada.

Xa temos aos gañadores de cada sección!!

Parabéns a todos e todas !!!


PORTADA

1°PRIMARIA



SECCIÓN LOCAL

6° PRIMARIA 



SECCIÓN NACIONAL

3 ANOS



 

SECCIÓN INTERNACIONAL

5 ANOS

 

OS NOSOS PROXECTOS

4 ANOS

 

ARTIGOS CIENTÍFICOS E DE OPINIÓN

3°PRIMARIA

Obxectivos 2030, a auga ...



 

ENTREVISTAS

5° PRIMARIA

Entrevista ás Charangas...



DEPORTES

2°PRIMARIA

Os deportes en familia




PASATEMPOS

4°PRIMARIA



E por suposto, Premio especial a madrugadores. 


Xurado composto por un 5 membros da ANPA, e  5 profes .


educación vial,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,XOGOS,EDUSAUDE,PROXECTO SAÚDE,

 XORNADAS DE EDUCACIÓN vial

Rematando actividades 

DIA 19  ALUMNADO 4°,5°,6° QUE VAI DE EXCURSIÓN 

DÍA 21. RESTO DO ALUMNADO


IMPORTANTE: PODEREDES TRAER AS VOSAS BICIS, PATINETES, PATÍNS.... ( NADA ELÉCTRICO).

FAMILIAS : SE PRECISADES TRAELAS O DÍA ANTERIOR , (SOBRETODO  OS NENOS E NENAS DE TRANSPORTE),  HABERÁ UNHA ZONA NO COLE HABILITADA PARA CUSTODIALAS.
FALADE COS VOSAS TITORAS OU TITORES!🙂


jueves, 13 de junio de 2024

ANPA,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,

 Cousiñas a ter en conta da nosa ANPA!!!

Andaina este sábado!!!



E FESTA FIN DE CURSO a semana que vén!!



miércoles, 12 de junio de 2024

EDUSAÚDE,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,PROXECTO SAÚDE,


PROXECTO SAÚDE 
EDU-SAÚDE 

Por aquí temos.unha xornada de educación física ben distinta e súper divertida e motivadora.
Sara , a profe de EF , levou aos nenos e nenas de segundo e terceiro a disfrutar dunha clase no exterior, nada máis e nada menos que no parque do Toural.
E mirade que requetebén o pasaron.

Pechando o curso con moitas actividades divertidas!!







 

lunes, 10 de junio de 2024

XORNAL ESCOLAR,XORNAL O FISCAÍÑO,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,

 Imos coa última edición do noso xornal curso xuño 2023/24







Nacional 

















.









CURSO 23/24,GRADUACIÓNS,EDUCACION INFANTIL,Emociónate,emocionate,


 Un ano máis temos as graduacións dos cursos que rematan etapa.

Por un lado ,os peques de cinco anos deixarán atrás a etapa de educación infantil, unha etapa que seguro lembrarán sempre con moito cariño. 

E por outro lado, os nos@s maiores de sexto que rematan primaria e marchan ao instituto, comezando así unha nova etapa da súa vida.

Agardamos tanto uns coma outros disfruten desta despedida en compañía das súas familias e as súas mestras ,e lembren con cariño o seu paso, polo centro de primaria que en caso dos maiores, en nada  deixarán atrás.

Desexámosvos a todos moita sorte e felicidade na etapa que ides comezar

AGURIÑO!

COLABORACIÓNS,XOGOS,CURSO 23/24,EXCURSIONS,emocionate,MEDIO AMBIENTE,orienracion, EDUSAÚDE, DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, biblioteca dé Tololeo,

 Xornada de xogos e convivencia en Manzaneda....

Dia 3 de xuño  educación infantil e 1° EP

e  17 xuño resto de primaria.



Ola familias! 
Aquí tedes o resumo do ben que o pasamos na Estación de Montaña de Manzaneda, as nenas e nenos de Educación Infantil e 1º de Primaria. Invitáronnos á actividades de Rocódromo Indoor, Mini BTT / DH, Vivacs, SlackLine e xantamos no autoservizo da Estación de Manzaneda.

En entradas posteriores a mesma actividade co resto do alumnado.


RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,XORNAL O FISCAÍÑO,XORNAL ESCOLAR,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo, colaboración


EMISIÓN RADIO PINGUEIRA 
RADIO NA BIBLIO
E
 XORNAL.O FISCAÍÑO 
Os sectores productivos 




 Aunamos Radio e Xornal...

Os nenos e nenas de terceiro entrevistan a distintas persoas   para coñecer de primeira man os distintos tipos de traballo que pode haber e situalos asi nos distintos sectores productivos.

Deixamos por aquí os códigos QR onde podedes escoitar ou visionar as entrevistas realizadas. 




O enlace ao blog de aula de terceiro para ver tamén directamente o seu  gran traballo.

https://megarroxa.blogspot.com/2024/06/exposicionscurso-2324un-pouco-de-todo.html?m=1



Grazas a eles e a todas as persoas que se prestaron a colaborar na realización , diseño e montaxe dos mesmos.



sábado, 8 de junio de 2024

CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,EXPOSICIONS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,XORNAL O FISCAÍÑO,


🚌👩‍🏫🎒🎒🎒🎒🎒🎒🎒🎒

O alumnado de segundo visita o PAZO DA PENA, ( MANZANEDA) da man da  súa xerente

 CARLA RIAL

 Os peques de segundo acompañados dw Gemma , a súa  titora, tiveron a sorte de visitar esta xoia arquitectónica da man dunha guía excepcional

Carla Rial. 

Sumerxémonos nunha visita ó pasado a través de cada pedra: dende a separación de clases (con lugares claramente diferenciados para señoritos e servos) ata a conservación dos alimentos (con lugares frescos reservados para almacear e secar chacinas, queixos e pan). 

Asemade fomos conscientes da importancia da relixión na época (visitando a capela do pazo e a enorme cantidade de escritos relixiosos que se conservan na biblioteca).

 Tamén entendemos que a construcción e a fortificación do edificio responde a unha época convulsa na que era elemental ter unha boa defensa ou, ás veces, a posibilidade dunha saída discreta sen ser visto, como reflicten os túneles secretos. 

No seu museo puidemos ver a evolución de obxectos do día a día que se conservan, comparándoos cos que hoxe coñecemos.

 Resultou unha saída fantástica que nos amosou que temos verdadeiros agasallos ó lado da casa...



.