OBRADOIROS Do primeiro trimestre en EDUCACIÓN INFANTIL.
OBRADOIRO de outono...
OBRADOIROS Do primeiro trimestre en EDUCACIÓN INFANTIL.
OBRADOIRO de outono...
O magosto no noso cole
🌰🌰🌰🌰🌰🌰
Na xornada do venres 8 de novembro disfrutamos desta celebración popular e tradicional en colaboración co alumnado e profesorado do IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO.
Comezamos cunha caminata ata o SOUTO DE VILANOVA, para proseguir cuns xogos para o alumnado de primaria onde todos e todas disfrutamos un montón.
A continuación chegou o grupo do IES e mentres comiamos as castañas asadas nun cacho tradicional, confraternizamos e charlamos prof@s ,mestr@s, nen@s e moz@s un día espectacular.
Para finalizar xantamos uns bolos con chourizo requetericos.. e voltamos ao cole desandando os camiños
Por aquí algunhas imaxes dos nenos e nenas
EDUCACIÓN INFANTIL
Emisión Radio Pingueira
O magosto
Xa está aqui o mes de novembro e con el vén o magosto.
Os peques de educación infantil traennos pola nosa radio unha canción ben simpática.
VIVAN AS CASTAÑAS
Escoitade, escoitade!!
Danza da castaña....
Emisión Radio Pingueira
Parabéns !!
Comezamos os nosos camiños...
Desta volta os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria percorreron o CAMIÑO DO MAGOSTO, ao longo do mesmo atoparon símbolos do camiño e mensaxes que a nosa peregrina Exeria deixou para eles. Xuntos foron resolvendo adiviñas, e acertixos sobre o magosto e o camiño de SANTIAGO.
Xa estamos listos para a seguinte... adiante camiñantes do camiño inglés.
Parabéns! Han estar todas boísimas!
Unha cor para cada ciclo!
Despois de realizar o noso primeiro camiño O CAMIÑO do MAGOSTO, cada neno e cada nena selará no posto de entrada ao cole, a súa compostela.
Alí estará un peregrino selando, e certificando que se fixo este camiño.
Hoxe comezamos con ilusión cunha actividade que tiñamos pendente nestes cursos atrás, e o noso PROXECTO DENDE TRIVES AOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
BO CAMIÑO a TODOS e a TODAS!!
xa que este magosto é difrente EXERIA deixanos unhas cancions para bailar , rir e pasalo xenial.
FELIZ MAGOSTO A TODOS E TODAS!!
🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰