Mostrando entradas con la etiqueta TOLOLEO READERS CLUB. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TOLOLEO READERS CLUB. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de noviembre de 2026

CLUB DE LECTURA,CURSO 26/27,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CLUB DE CIENCIA,TOLOLEO READERS CLUB,COLABORACIONS,COLABORACIÓNS,Biblioteca de tololeo,

 

Club de lectura en cuarto

O alumnado de cuarto apartou por un chisquiño o seu libro de Antía Yáñez e aproveitou para disfrutar da lectura e visionado da  maleta VIAXEIRA de ciencias  que nos ofertou a asesoría de bibliotecas escolares.

E descubriron as posibilidades lectoras   da súa exposición para o Congreso científico de montaña do mes de maio, con varios libros sobre  a temática da que faltan...BICHOS E BICHOS...😃

Así chegamos á aula...








CLUB DE LECTURA,CURSO 26/27,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIÓNS,Biblioteca de tololeo,


 Club de lectura en 3° de primaria...

Seguimos coa nosa lectura...

Disfrutando e con moitas ganas de saber mais de Derdrín, Raquel e as súas aventuras.

Rematamos de decorar a nosa libreta do club de lectura e avanzamos poñendo os datos do libro e creando a nosa versión do noso trasno protagonista...

Que aventuras nos deparará....



viernes, 30 de octubre de 2026

CLUB DE LECTURA,CURSO 26/27,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,

 


Seguimos no club de lectura de 3°
Lendo...
De xeito compartido
De xeito individual e autónomo
E  LENDO en grupo .
Comezamos coa lectura de 
No Corazón do bosque.

De AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ 
Lembremos onde están as Fragas do Eume?





E rematamos con actividades na nosa libreta do club de lectura.


sábado, 17 de octubre de 2026

CLUB DE LECTURA,CURSO 26/27,COLABORACIÓNS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 

CLUB DE LECTURA 2026/27 EN MARCHA

COMEZAMOS ACTIVIDADES CO CLUB DE LECTURA.
 


TERCEIRO DE PRIMARIA estrénase no Club, así  que damos a benvida a Guadalupe, Valentina, Marcos, Cristóbal, Alejandro G, Alejandro M, Mateo e Jorge.

Comezamos lembrando as normas do noso club quincenal, e preparando o noso cuaderno para ir compoñendo as nosas historias e as dos nosos libros.

PROSEGUIMOS CON AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ E XA REMATADO UN TREN CARGADO DE MISTERIOS ImOS CONTINUAR  e disfrutar COn

NO CORAZÓN DO BOSQUE





lunes, 1 de junio de 2026

CLUB DE LECTURA,TOLOLEO READERS CLUB,CURSO 25/26,obradoiros,COLABORACIÓNS,DINAMIZACIÓN LINGüÍSTICA


TOLOLEO READERS CLUB 
Club de lectura 
Obradoiro 



OBRADOIRO para segundo e terceiro ciclo 
na biblioteca de Tololeo

Martes 2 de xuño
de  10  a 11:30   
Así COMEZAMOS...

Falando 

 do que entendemos
Por ler...
 das nosas lecturas
 
da expresión... 
Do teatro...



así rematamos.. 

creando historias 
e 
disfrutando das lecturas nos distintos formatos




Vídeo cunha mostra do obradoiro...
 


viernes, 22 de mayo de 2026

CLUB DE LECTURA,TOLOLEO READERS CLUB,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo

 Tololeo READERS CLUB 


Últimas actividades do club de lectura..

O alumnado achéganos novos autores e autoras GALEGXS 

COÑECENDO A A NOSA LITERATURA

COÑECENDO  A NOSA LINGUA

PEPE CARREIRO 

ÉRICA ESMORÍS 

MANUEL RIVAS 

ÁLVARO CUNQUEIRO 

PAULA CARBALLEIRA 

ROSALÍA DE CASTRO

HÉCTOR CAJARAVILLE

LEDICIA COSTAS

FILOMENA DATO

ANTÍA YÁÑEZ 

 E 

AGUSTÍN 

FERNÁNDEZ PAZ












jueves, 9 de abril de 2026

TOLOLEO READERS CLUB,CLUB DE LECTURA,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,POESIA,

 

No clube de lectura ...

Empezamos coa poesía 


O alumnado comeza con poemas e trabalinguas do libro.

Poemas

Unha nova dimensión 

 Autor Anxo Iglesias 

Ilustradora María

Lemos , recitamos e entoamos




Despois de ler poemas do libro de Anxo Iglesias
Probamos a facer os nosos poemas en pequenos grupos


para ser os primeiros non estan mal, pero seguiremos practicando , lendo e creando

viernes, 27 de marzo de 2026

CLUB DE LECTURA,TOLOLEO READERS CLUB,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CURSO 25/26,Biblioteca de tololeo,





TOLOLEO READERS CLUB 
ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA 

Hoxe tocou sair ao bosque!
Hoxe tocou experimentar na natureza, escoitándoa e deixando que nos escoite.

Hoxe o alumnado do CLUB DE LECTURA do segundo ciclo saiu ler ..

Os protagonistas ?

Derdrín e Escarlatina
Gwinlai e  Amanito
Román e Raquel 

Todos os personaxes dos libros deste trimestre sairon con nós e nos acompañaron neste bonito paseo.





 







viernes, 6 de febrero de 2026

TOLOLEO READERS CLUB,CURSO 25/26,CLUB DE LECTURA,curso25/26,CLUB DE LECTURA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,




TOLOLEO READERS CLUB 
CLUB DE LECTURA 


 

Seguimos lendo..

Seguimos lendo en galego..

E seguimos con autores galegos..


Desta volta os nenos e nenas de terceiro van comezar coa lectura de 

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, 

NO CORAZÓN DO BOSQUE.

Veremos ata onde nos leva a lectura...irémosvos contando...


(O resto dos cursos están preparando novas lecturas.. en breve vos contamos)

domingo, 2 de noviembre de 2025

TOLOLEO READERS CLUB,CLUB DE LECTURA,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,

 Comezou o noso CLUB DE LECTURA 2025/26.

Neste ano estamos non so 3° e 4°,  xa que se uníron os grupos de 5° e 6° de primaria.

Isto marcha!!

Libros de lectura que gustaron o ano pasado e libros novos  para continuar..

Vampira de biblioteca  e Escarlatina  volven a estar con nós...

E aparecen Hilario e os tres medos.

Irémosvos contando!



viernes, 25 de abril de 2025

TOLOLEO READERS CLUB,CLUB DE LECTURA,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,IGUALDADE,Biblioteca de tololeo,

 


No noso club de lectura, 
Tololeo's readers club 
na nosa biblioteca ...
Disfrutamos hoxe do encontro coa escritora e actriz de teatro.
PAULA CARBALLEIRA.

Falamos de Carabela, dos plásticos e do medio ambiente...

Falamos de monstros, grandes e pequenos..


Da súa familia, de BRUXA, do seu bosque máxico e das historias da súa infancia.

Pasamos un rato ben divertido!








E asinounos os nosos libros e libretas do club de lectura!





Por algo esta escritora foi galardoada co PREMIO CLUBES DE LECTURA 2025 

das bibliotecas escolares.

Grazas Paula !!





viernes, 4 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA,TOLOLEO READERS CLUB,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,EDUCACIÓN RESPONSABLE,Biblioteca de tololeo,

No club de lectura 
Tololeo's readers club


 Avanzando posicións...

Movemos ficha e xa temos outros dous 📚 rematados e disfrutados, no noso club de lectura.

Por un lado os peques de terceiro remataron SOMOS OS MONSTROS da autora PAULA CARBALLEIRA.


E por outro a rapazada de cuarto que xa remataron as ZAPATILLAS DE LÍA da autora MARÍA REIMÓNDEZ.


Ambos 📚 fixeron as ledicias de todos e neles traballamos valores como os medos, o respecto e importancia de intentar crear un 🌎 máis xusto e sobretodo poñernos no lugar doutros nenos e nenas que non teñen a mesma  sorte ca eles.

Apostamos polas autoras

Apostamos polo galego



domingo, 26 de enero de 2025

TOLOLEO READERS CLUB,CLUB DE LECTURA,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,COLABORACIÓNS

 

Rematada a lectura de VAMPIRA DE BIBLIOTECA, a rapazada de terceiro preparou uns xogos sobre o mesmo para os seus compis de cuarto e pasaron un rato ben divertido lembrando o acontecido no libro.. e por suposto , na nosa BIBLIO de TOLOLEO 





martes, 21 de enero de 2025

CLUB DE LECTURA,TOLOLEO READERS CLUB,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,

 TOLOLEO READERS CLUB xa ten preparados os 📚 de lectura para este trimestre.



O alumnado de 3° comenzará por SOMOS OS MONSTROS da escritora galega Paula Carballeira e continuará con LúA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE da tamén escritora galega María Reimóndez.

O alumnado de 4° comenzará con  LIA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE   e continuará cun libro en castelán. EL CLUB DE LOS RAROS de Jordi i Fabra.

Deixando para o terceiro trimestre CARABELA de Paula Carballeira coa que contaremos para un obradoiro na primavera.