Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO OFICIOS AMBULANTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO OFICIOS AMBULANTES. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2026

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,COLABORACIÓNS,EXCURSIONS,obradoiros,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,


Rematando actividades deste ano para o noso PROXECTO OFICIOS AMBULANTES: O AFIADOR 


 O alumnado do segundo ciclo remata así , por este ano, a actividade .
Saímos cara ESGOS, onde faremos a ofrenda  floral ao.monumento do AFIADOR e o recitado dun poema..


Para proseguir cara ao concello  de NOGUEIRA DE RAMUIN, en concreto a LUINTRA onde teremos unha charla con tres
Irmáns que se dedicaron a facer rodas de afiar e nos contarán cousas ben interesantes.




E para aproveitar o día subimos ao bambán do solpor...un paseo pola Ribeira sacr

a

Ruta cara o bambán do solpor 


Tumbas antropomorfas da idade media


Unha xornada estupenda para despedir o PROXECTO ata o curso que vén.










viernes, 5 de junio de 2026

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,curso25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,ENTREVISTAS,COLABORACIÓNS,Biblioteca de tololeo,


PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 


 Rematando actividades relacionadas co  PROXECTO sobre o AFIADOR.
Todo o alumnado do cole contará cunha charla sobre o funcionamiento da roda de afiar e a súa construcción.

Para elo contamos coa presenza do Sr Ovidio, antigo conserxe do cole e co alumnado e profesorado do segundo ciclo.

Luns 8 na biblioteca de Tololeo!








jueves, 29 de enero de 2026

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIÓNS,obradoiros,Biblioteca de tololeo,

 




PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 

CHARLA SOBRE O BARALLETE CON...

LAURA FENTANES

Dende o Carballiño veu a contarnos de primeira man cousiñas   sobre esta lingua dos afiadores .....e dos músicos.


Imaxes da charla na que puidemos comprobar o investigado e aprendido.








PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIONS,obradoiros,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,

 






PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 

OS CESTEIROS

Os nenos e nenas  de primeiro ciclo  disfrutaron dun obradoiro de cestería.

Dende o proxecto de Oficios ambulantes, o alumnado de 1° ciclo , participou nun Obradoiro con Ángel , Ana e Merche.

Ensináronnos como facer pequenas cestas coas nosas propias mans. E foi moi  moi divertido ver a nosa creación.

Ao finalizar, fixemos unha pequena entrevista a Ángel, preguntándolle o  por que da súa paixon á cestería. 

Ana, alumna do  seu curso de cestería no Barco de Valdeorras, compartiu  os seus coñecementos, que practica  no seu tempo libre, e  veunos  axudar a todos nós a confeccionar as cestiñas!

Grazas Ana!




Ángel, con mais de 50 alumnas e alumnos nas clases clases, ensina técnicas e modelos de cestería dende hai moitos moitos anos, aproveita do incluso  oss seus ratos libres na casa para seguir q súa paixon .


Moitas grazas Ángel  e Merche !!!!



lunes, 19 de enero de 2026

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,COLABORACIÓNS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,


 O alumnado de segundo ciclo prosegue recadando información sobre o seu proxecto sobre o AFIADOR.

Nesta ocasión preparan unha exposición para contarlle ao resto  do alumnado do centro e falarlles sobre OFICIOS AMBULANTES e a figura  xa mencionada do afiador.

O alumnado de terceiro transmitirá esa información ao primeiro ciclo e educación infantil 



Presentación dos nenos de terceiro sobre os oficios ambulantes e o BARALLETE.⏬


Momentos xa exposición dos nenos de terceiro a infantil e primeiro ciclo. ⏬



.

E o alumnado de 4° fará o propio con quinto e sexto curso

O venres  ás 15 horas na  biblioteca de Tololeo  e na aula de bibliopolos creativos.

Imaxes da charla

Exposición de cuarto de primaria ao terceiro ciclo⏬ 



miércoles, 14 de enero de 2026

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIÓNS,



PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 
O AFIADOR
O BARALLETE

OS NENOS E NENAS DO SEGUNDO CICLO ESTÁN A TRABALLAR E RECOLLER INFORMACIÓN SOBRE A FIGURA DO AFIADOR.
COUSIÑAS INTERESANTES ESTÁN APRENDENDO E DEIXAMOS POR AQUI O VIDEO INFORMATIVO DA INFORMACIÓN QUE TEMOS ATA AGORA.



 

miércoles, 17 de diciembre de 2025

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,EDUCACIÓN INFANTIL,PROXECTO MARCA GALICIA,



PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 
PROXECTO MARCA GALICIA 

Seguimos coñecendo traballos e tradicións propios de Galicia.
As costureira como oficio de antes e de agora.
Os pequenos e pequenas do cole vannos contando cousiñas ben interesantes.





Presentaron a Manuela , a súa costureira galega, dentro do PROXECTO MARCA GALICIA 


 

viernes, 12 de diciembre de 2025

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIONS,Biblioteca de tololeo,





PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 
O afiador 

No segundo ciclo estamos co tema do afilador
Dentro do PROXECTO dos oficios ambulantes, os nenos  e nenas de 3° e 4° andan na procura de información sobre o tema.
Mentres tanto, a profe Montse, preparounos unhas diapositivas con información moi interesante sobre o tema.







 

miércoles, 3 de diciembre de 2025

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIÓNS,EDUCACION INFANTIL,EDUCACIÓN INFANTIL,




Xa está en marcha...
 o PROXECTO DE CENTRO... sobre 
os oficios ambulantes no pasado.

Deixamos por aquí o cartel de presentación do PROXECTO en educación infantil 


 

Entre fíos e sorrisos ...

mans pequeniñas que cosen grandes ideas.


O "Sastriño valente"unha aventura en familia.

 Introduccón ao  PROXECTO  da costura  en infantil partindo do conto tradicional.