Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de mayo de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS,DIA LETRAS GALEGAS,CURSO 25/26,COLABORACIÓNS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,POESÍA,musica no cole,TEATRO,ROSALIA DE CASTRO,

 ALBORADA POLO POBO

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026

HOMENAXE Á NOSA LINGUA.

No día das letras galegas ,  a homenaxeada este ano  é 

Begoña Caamaño, 

Feminista e activista

Escritora 

e periodista da radio galega

.

 Non deixedes de disfrutar do noso recuncho do galego na  Entrada do cole!!


E DA EXPOSICIÓN, FEITA POR TODO O ALUMNADO, SOBRE A SÚA VIDA  E OBRA  QUE ESTARÁ NA BIBLIO e na entrada!
Incluimos a versión con pictos!




UN ANO MÁIS, Sairemos  ás nosas rúas para contar, cantar e recitar en galego.

 E Pola tarde cantaremos xuntos o noso himno,  ACOMPAÑADOS  DOS NOSOS ARTISTAS : SARA, AROA, ENZO, MARCO,PAULO, ANDER  E  POR SUPOSTO O PROFE LASZLO

Non se pudo sair pero xuntámonos no patio do cole e recitamos e cantamos.








.


 



jueves, 29 de enero de 2026

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIONS,obradoiros,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,

 






PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 

OS CESTEIROS

Os nenos e nenas  de primeiro ciclo  disfrutaron dun obradoiro de cestería.

Dende o proxecto de Oficios ambulantes, o alumnado de 1° ciclo , participou nun Obradoiro con Ángel , Ana e Merche.

Ensináronnos como facer pequenas cestas coas nosas propias mans. E foi moi  moi divertido ver a nosa creación.

Ao finalizar, fixemos unha pequena entrevista a Ángel, preguntándolle o  por que da súa paixon á cestería. 

Ana, alumna do  seu curso de cestería no Barco de Valdeorras, compartiu  os seus coñecementos, que practica  no seu tempo libre, e  veunos  axudar a todos nós a confeccionar as cestiñas!

Grazas Ana!




Ángel, con mais de 50 alumnas e alumnos nas clases clases, ensina técnicas e modelos de cestería dende hai moitos moitos anos, aproveita do incluso  oss seus ratos libres na casa para seguir q súa paixon .


Moitas grazas Ángel  e Merche !!!!



miércoles, 3 de diciembre de 2025

VIOLENCIA DE XENERO,CURSO 25/26,IGUALDADE,COLABORACIÓNS,orientación,ORIENTACION,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,obradoiros,biblioteca inclusiva,

 



25N Contra a violencia de xénero.

Dende Orientación, ao longo da semana do 25N ,  fixéronse diferentes actividades axeitadas para grupo aula, destinadas a promover e impulsar a igualdade e visibilizar modelos de actuación  para rexeitar as conductas violentas







martes, 25 de noviembre de 2025

IGUALDADE,VIOLENCIA DE XENERO,CURSO 25/26,orientación,ORIENTACION,obradoiros,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,


 

25 N

DIA CONTRA LA VIOLENCIA DE XÉNERO

POLA IGUALDADE E POLO RESPECTO

Obradoiros dende o departamento de orientación nesta semana .


Educación infantil 





Mércores 26 N ....1° CICLO 
Xoves.      27N  ..... EDUCACIÓN INFANTIL 
                                 2° CICLO

Venres.     28N ..... 3° CICLO








miércoles, 12 de noviembre de 2025

ORIENTACION,IGUALDADE,curso25/26,obradoiros,Emociónate,CONVIVENCIA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 Mes da igualdade..

Obradoiros de Habilidades Sociais de 4º de Primaria 

7 de novembro


Seguindo as actividades de Orientación,
dentro do Plan de Benestar e Plan de Convivencia, lévanse a cabo obradoiros  de HABILIDADES SOCIAIS, en cada aula.

Nesta ocasión o alumnado de 4º de primaria estivo nunha " INUNDACIÓN"!
Dentro do vídeo explicamos en que consistiu a actividade e a dinámica que realizamos. "



sábado, 25 de octubre de 2025

Dia da biblioteca,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,




 Así transcorreu 

o noso día internacional das bibliotecas 

na biblioteca de Tololeo e nas aulas.

Nenos e nenas disfrutaron da lectura, da escritura, da oralidade, dos nosos espazos da biblio, da exposición de libros informativos.. 


Alumnado de 6° de primaria 

Alumnado de 1° a 5°

  
Os pequenos do cole, educación infantil 


 Os nenos e nenas do primeiro ciclo


FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

E FELICES LECTURAS





domingo, 8 de junio de 2025

COLABORACIÓNS,PATIOS DINÁMICOS NO COLE,CURSO24/25,Biblioteca de tololeo,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,biblioteca inclusiva,



Nova xornada de XOGOS EN FAMILIA
ESTE VENRES 
NO PATIO DO COLE
non podes perdelo!
Disfrutaremos todos  xuntos!!




 


Seguiremos subindo imaxes da espectacular xornada de xogos!!
Moitas grazas a todos e todas as nais e pais que participastedes connosco!!

Por aquí o vídeo 

miércoles, 23 de abril de 2025

DIA DO LIBRO,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,COLABORACIONS BIBLIOTECA CREATIVA, POLOS CREATIVOS,

 23 de abril 

Día do libro

Hoxe celebramos un ano máis o día do libro no noso cole, como non lendo  todos, compartindo historias e disfrutando da maxia da lectura.







Dende a colaboración

 Biblioteca 

Polos creativos

 e Dinamización lingüística

 xurdiron estes marcapáxinas  ben chulos con mensaxe que recibiu o noso alumnado e que decoraron eles mesmos.




martes, 21 de enero de 2025

CLUB DE LECTURA,TOLOLEO READERS CLUB,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,

 TOLOLEO READERS CLUB xa ten preparados os 📚 de lectura para este trimestre.



O alumnado de 3° comenzará por SOMOS OS MONSTROS da escritora galega Paula Carballeira e continuará con LúA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE da tamén escritora galega María Reimóndez.

O alumnado de 4° comenzará con  LIA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE   e continuará cun libro en castelán. EL CLUB DE LOS RAROS de Jordi i Fabra.

Deixando para o terceiro trimestre CARABELA de Paula Carballeira coa que contaremos para un obradoiro na primavera.


miércoles, 30 de octubre de 2024

SAMAIN,HALLOWEEN,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,PLURILINGÜISMO,Plurilingūismo,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,orientación,COLABORACIÓNS,

Una.ano máis...

GAMIFICACIÓN POLO SAMAÍN...

O alumnado de primaria disfrutará dunha xornada de xogos relacionados coa temática que tanto lles gusta.

Bruxas, conxuros, medos, pistas, probas, lecturas e moitas risas e algún susto..

Todo dende a biblioteca de TOLOLEO  e dinamización lingüística e coa colaboración do profesorado.


Pola outra banda os peques do cole terán obradoiros organizados polo equipo de educación infantil.


 

jueves, 24 de octubre de 2024

SAMAIN,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,HALLOWEEN,POLOS CREATIVOS, orientación ,PATIOS DINÁMICOS NO COLE

 ACTIVIDADES PARA ESTES DÍAS 

OBRADOIROS de Samaín!!!



Ola familias ✨
Hoxe tivemos o primeiro Obradoiro de Samaín, no primeiro recreo!
Alumnado de 1°-2°-3°-4° e Educación Infantil crearon a súper EspantaPantasma que levarán a vindeira semana para casa 🏠 

As crianzas de 4°-5°-6°, estiveron creando velas coa temática de Samaín e  o mundo da maxia 🪄 que hoxe levaron para casa.


O vindeiro Martes, faremos o segundo Obradoiro de EmotioApócemas e Talismáns🧿🧪


jueves, 23 de noviembre de 2023

IGUALDADE,biblioteca inclusiva,Dia da biblioteca,COLABORACIÓNS,CURSO 23/24,Emociónate,EDUCACIÓN RESPONSABLE,

 Hoxe o noso alumnado disfrutou dun obradoiro inclusivo.

Grazas a IGUALARTE, DE AFUNDACION de VIGO , puideron realizar unha experiencia xunto con  outros mozos e mozas  , valorando a  diversidade como algo enriquecedor.🌈

Experiencia que contan...

Experiencias que suman...

REPETIREMOS SEN DÚBIDA!

Por un lado os nenos e nenas de educación infantil cun contacontos..





2°/3°4° CIRCUITO CIRCENSE


5°e 6°. GLOBOFLEXIA 



ORIENTACION,PROXECTO SAÚDE,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,Emociónate,biblioteca inclusiva,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 Existe certa confusión á hora de entender a inclusión como sinónimo de integración. 

O cambio de paradigma, entende que a escola ten a responsabilidade directa sobre  a aprendizaxe das nenas e  dos nenos , facendo que o alumnado non sexa o que ten que adaptarse ao sistema educativo, senón que é a escola, e o propio sistema ,o que ten que ser capaz de deseñar e desenvolver unha oferta educativa baseada na pluralidade e no respecto das características de TODO o alumnado  ,ofrecendo unha educación de calidade para todas e todos.

Porén dende o departamento de orientación e educación física fixemos actividades ao longo desta semana para sensibilizar a inclusión no centro


.


sábado, 28 de octubre de 2023

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,GAMIFICAR,SAMAÍN,BREAKOUT EDUCATIVO,biblioteca inclusiva,COLABORACIÓNS,CURSO 23/24,





Algo estase a preparar na biblioteca de Tololeo...
Achégase o Samaín ❗
Anímaste a disfrutar❓
 Pistas, conxuros, probas, sustos, bailes, xogos, músicas... 
O vindeiro luns na biblioteca de Tololeo 


 Deixámosvos por aquí as cabazas tan rechulas que apareceron na nosa escaleira.


Samaín Infantil.

Así desfrutaron os pequenos do Samaín Celta.




E por fin chegou o día 
Engadimos fragmentos das Cousiñas e momentos divertidos do día de hoxe polo cole, na biblioteca e en polos creativos...





lunes, 9 de octubre de 2023

PATIOS DINÁMICOS NO COLE,CURSO 23/24,biblioteca inclusiva, proxecto saúde,


Así foron os  nosos patios  nunha nova semana de 
PATIOS DINÁMICOS NO COLE.
@s peques de infantil disfrutaron con diferentes actividades preparadas polo equipo de patios.
Non o pasaron nada mal!!
Isto marcha!!



 

domingo, 8 de octubre de 2023

Biblioteca de tololeo,CURSO 22/23, biblioteca inclusiva,

 Xa estamos disfrutando dos recreos na biblio, grupos de nenos e nenas que elixen este espazo para pasar o seu rato de lecer.

Por algo será!!!

A mestra de garda deixounos este vídeo que reflicte eses momentos!

Aquí na biblioteca de Tololeo!!





martes, 3 de octubre de 2023

PATIOS DINÁMICOS NO COLE,CURSO 23/24,biblioteca inclusiva biblioteca creativa, proxecto saúde,

 COMEZAMOS PROXECTOS...

PROXECTOS QUE REPERCUTEN NO NOSO ALUMNADO..

NOS SEUS XOGOS E NA SÚA DIVERSIFICACIÓN



PATIOS DINÁMICOS é un proxecto que fomenta o desenvolvemento do xogo en grupo, traballando cooperación e liderazgo. Axuda a disminuir os conflitos e favorece a creatividade saindo dos xogos típicos como poidan ser o fútbol ou as carreiras.

Desenvólvese o xogo de grupo, o respecto polos demais. Fomentando o diálogo e q inclusión nos patios de recreo. 

No noso cole apostamos por esa inclusión de todos e todas .Trátase de unir , compartir sorrisos , momentos e empatizar para conseguir verdadeiros momentos de xogo .

Ao longo deste curso traballaremos nesas dinámicas en distintos momentos semanais, acompañados  de inicio por un mestre ou mestra participando da actividade , que irá retirándose  progresivamente.

Para elo tamén haberá modificacións  fisicas dos nosos patios para dinamizar, crear e sobre todo incluir .



Por aquí vos deixamos unha mostra da primeira semana...

              en primaria


               EN INFANTIL 


PATIOS DINÁMICOS NO COLE,CURSO 23/24,biblioteca inclusiva,BIBLIOTECA CREATIVA,PROXECTO SAÚDE

 Comezamos o curso estreitando lazos, parándonos a escoitarnos e chegando a acordos. 

Dende Educación Física e a través dos nosos Patios Dinámicos cremos que é moi importante que a nosa rapazallada aprenda a cooperar, para poder gozar, construir e tamén competir!


Aprendemos a cooperar

e cooperamos para aprender


Comeza un gran curso! Agarrádevos e facede piña que isto despega! 🚀