Venres 19
Festa no cole.
🎊🎉🎊🎉🎊🎉
XORNADA de ACTIVIDADES, OBRADOIROS. Música , XOGOS e hinchables EN COLABORACIÓN COA ANPA O RECREO
PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, RAPAZADA E FAMILIAS.
A disfrutar!!
Felices e merecidas vacacións!!
Venres 19
Festa no cole.
🎊🎉🎊🎉🎊🎉
XORNADA de ACTIVIDADES, OBRADOIROS. Música , XOGOS e hinchables EN COLABORACIÓN COA ANPA O RECREO
PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, RAPAZADA E FAMILIAS.
A disfrutar!!
XOGOS... EN GALEGO
A nosa mocidade de 6° estivo moi atenta hoxe aos xogos en galego que prepararon e practicaron con BRAZOLINDA, nun obradoiro de xogos de mesa en galego.
O voluntariado ensinará posteriormente estes xogos aos compañeiros de quinto de primaria.
Comezou a semana louca...
O luns foi o primeiro día e tocou vir en pixama,
Tradicións que non queremos perder
Polo día de COMPADRES, como prometemos, sairon as nenas cos seus lardeiros e lardeiras e os nenos foron detrás a tentar quitarllos.
A cousa foi reñida pero moi moi divertida.
Dende os máis activos aos mais maiores loitaron por quitarllelos ás rapazas , elas nalgúns cursos aínda conseguiron salvar algún lardeiros/a.
Deixamos por aquí fotos e videos da tarde de compadres no cole, que por mor do tempo non puidemos sair ao exterior.
POLO DIA DA PAZ...
30 de xaneiro
O día escolar da non violencia e a PAZ, celébrase cada 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do asesinato de Mahatma Gandhi en 1948, lider destacado da resistencia pacífica e defensor dos dereitos humanos
Neste dia celébrase tamén o poder da solidariedade mundial para construir un mundo pacífico e sostible.
Apúntaste a correr pola Paz?
O magosto no noso cole
🌰🌰🌰🌰🌰🌰
Na xornada do venres 8 de novembro disfrutamos desta celebración popular e tradicional en colaboración co alumnado e profesorado do IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO.
Comezamos cunha caminata ata o SOUTO DE VILANOVA, para proseguir cuns xogos para o alumnado de primaria onde todos e todas disfrutamos un montón.
A continuación chegou o grupo do IES e mentres comiamos as castañas asadas nun cacho tradicional, confraternizamos e charlamos prof@s ,mestr@s, nen@s e moz@s un día espectacular.
Para finalizar xantamos uns bolos con chourizo requetericos.. e voltamos ao cole desandando os camiños
Por aquí algunhas imaxes dos nenos e nenas
EDUCACIÓN INFANTIL
Bueno , bueno , bueno...
Pois xa están en marcha, e con moito éxito polo que podedes observar, os paneis sensoriais elaborados polo equipo de PATIOS DINÁMICOS do cole.
Hoxe os pequenos do cole disfrutaron xogando e experimentando con eles. Xeitos de aprender e xogar.