Mostrando entradas con la etiqueta DIA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2026

DIA DO LIBRO,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIÓNS,A NOSA BIBLIO,Biblioteca de tololeo,CONTACONTOS,VOLUNTARIADO,




NO DÍA DO LIBRO 2026
NO NOSO COLE.
NO NOSO PATIO. 


 

Hoxe tocou ler...mais

Hoxe tocou disfrutar... mais

Ao longo da xornada sucedéronse moitas actividades, nas aulas, nos espazos comúns, nos patios...relacionadas con este día tan importante para todos e sobretodo para as bibliotecas.

Lecturas compartidas
Dramatizacións
Contacontos
Creación e narracións
O meu libro favorito

Cousiñas bonitas de segundo de primaria 



Cal é o teu libro favorito???





Imos subindo en breve imaxes e vídeos deste día 

miércoles, 23 de abril de 2025

DIA DO LIBRO,CURSO24/25,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,COLABORACIONS BIBLIOTECA CREATIVA, POLOS CREATIVOS,

 23 de abril 

Día do libro

Hoxe celebramos un ano máis o día do libro no noso cole, como non lendo  todos, compartindo historias e disfrutando da maxia da lectura.







Dende a colaboración

 Biblioteca 

Polos creativos

 e Dinamización lingüística

 xurdiron estes marcapáxinas  ben chulos con mensaxe que recibiu o noso alumnado e que decoraron eles mesmos.




miércoles, 24 de abril de 2024

Biblioteca de tololeo,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,DIA DO LIBRO,EXPOSICIONS,PATIOS DINÁMICOS NO COLE,COLABORACIÓNS,CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,

 23 DE ABRIL...

POLO DÍA DO LIBRO...

ACTIVIDADES DA SEMANA...

Comezamos coa Feira do libro na que o noso alumnado intercambiou libros durante toda a mañ

á. 

A cambio dun libro ou v

arios e cun ticket que se lle entregaba , puideron escoller o conto que mais lles apetecía para levar.

Asemade puideron escoller un marcapáxinas, ver unha exposición privada de marcapáxinas, e como non disfrutar dunha xornada de lectura extra. 

No patio de lecer instalamos colchonetas, tipis, céspedes e uns carritos e expositores con libros, revistas, xornais para que todo aquel que quixera puidera baixar a ler un ratiño só ou en compañía.

PROMOVENDO A LECTURA DENDE A BIBLIOTECA DE TOLOLEO



Non deixedes de ver e desfrutar co vídeo que resume os momentos máis bonitos da xornada.



Pero non so iso... 

O CERTAME DE POESÍA , NARRACIÓN E TEATRO ...

está en marcha .. e xa hoxe polos  corredores o alumnado do terceiro ciclo e o de infantil intercambiaron actividades, contacontos, dramatizacións e unhas preguntiñas moi curiosas sobre a celebración deste día e o libro do INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA, que os nenos e nenas de infantil diso saben un rato.

Seguiremos coas actividades ao longo da semana.




XA TEMOS POR AQUÍ AO NOSO ALUMNADO  COA MOSTRA DE CADA CURSO.

POESÍAS DO PRIMEIRO CICLO






DRAMATIZACIÓNS DO SEGUNDO CICLO






CONTACONTOS E PREGUNTOIRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E TERCEIRO CICLO




CONTACONTOS 5°

Máis con sexto




miércoles, 17 de abril de 2024

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,CURSO 23/24,DIA DO LIBRO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,

 Emisión Radio Pingueira 

Polo día do libro os nenos e nenas de terceiro deixannos este podcast no que falan da celebración desta data tan importante e ademáis deixannos pinceladas sobre a historia do libro de de as súas orixes.





martes, 16 de abril de 2024

DIA DO LIBRO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,TEATRO,POESIA,CONTACONTOS,VOLUNTARIADO,CURSO 23/24,EXPOSICIONS,

 Semana de celebración, 

Polo día do libro,

Do 22 ao 26 de abril!


Intercambio de libros durante a semana na entrada do colexio.

Para poder intercambiar deberedes traer un libro do que non vos importe desprendervos e poderedes cambialo por outro que atopedes nas mesas que estarán  na entrada.l

O libro que traiades , na semana do 15 ao 19, entregádeo á vosa/o titor/a e eles vós darán un ticket para poder coller outro que queirades


Se durante a semana o ledes e queredes volver a intercambiar  por outro seguiredes o mesmo proceso.

Importante, os libros que entreguedes  pasan a ser opcionais para todos

II Certame de poesía,  teatro  e narración oral

Cada grupos de nenos e nenas contribuirá con unha ou varias actuacions que representarán ao resto do alumnado, previsiblemente nos días 25 e 26 de abril.


Durante toda a semana haberá recunchos de lectura por todo o cole, aproveitaos para disfrutar da lectura

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

 



miércoles, 10 de abril de 2024

DIA DO LIBRO,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,ANPA


Compartimos actividade do día do libro  organizada pola ANPA en colaboración CONCELLO e a ASOCIACIÓN CULTURAL A CANICEIRA.

Grazas a todos eles por estas actividades .

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

viernes, 28 de abril de 2023

DIA DO LIBRO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,EDUCACION INFANTIL,CURSO 22/23,POLOS CREATIVOS,PLANETA TRIVES,

En Educación Infantil estamos entusiasmados co novo proxecto do noso ciclo sobre a AUGA ,e por iso, decidimos sair en busca de auga polo noso pobo. 
Atopamos algunha fontiña, algunha ponte e unha fervenza. Andamos moito e  gozamos de lecturas ao aire libre como remate da actividade. 
No parque lemos,  fixemos lectura compartida e disfrutamos  lendo sobre a auga, as súas propiedades, estados, o  seu ciclo.... 

QUE BEN O PASAMOS CELEBRANDO O DIA DO LIBRO!

Pronto repetiremos!


sábado, 22 de abril de 2023

Biblioteca de tololeo,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,DIA DO LIBRO,GAMIFICAR,BREAKOUT EDUCATIVO,VOLUNTARIADO,COLABORACIONS,COLABORACIÓNS,CURSO 22/23,



 ASÍ DISFRUTAMOS DO DÍA DO LIBRO NO NOSO COLE!


En colaboración co Concello e cos establecementos polos que pasamos, preparamos unha gymkana en torno a este día. 

A través dos contos tradicionais, todo o alumnado de primaria, participou nunha gamificación na que verbalizamos os contos, xogamos,adiviñamos, buscamos, recitamos, rimos e ata comimos chocolate!!!

Un día diferente  de cole no que todos lembramos a importancia de ler e de disfrutar lendo!!







Grazas ao Concello, aos municipais, á Casa Grande que por riba regalounos un lote de cuentos para a nosa biblio, á Cantina do Catro e ao Bodegón pola súa colaboración desinteresada .
Velaquí un resumo da xornada..


domingo, 1 de mayo de 2022

Día do libro, dinamización lingüística, PRoXECtO camiño de Santiago, colaboración, biblioteca creativa, breakout educativo, Biblioteca de Tololeo

Día do libro, 2022

Por fin puidemos desfrutar de todo o que nos gusta

.. xogar, ler,camiñar.... 

a xornada   final doa semana do libro ....un Día solleiro agasallounos cunha actividade divertida ao redor do noso pobo....

Comezamos facendo grupos de cores..


Tocounos camiñar, xogar no camiño, adiviñar, representar, recitar, cantar, e despois de parar a merendar adentrámonos nunnsouto maxico cheo de mensaxes para cada un dos grupos que puxeron a proba todo o que xa sabemos do camiño de Santiago e da nosa cultura.

Ao final un aforcado para descubrir un trozo do texto   que resume o noso espectacular dia!!! 

SEGUINDO AS CUNCHAS DE PEREGRINO.

DESCIFRANDO AS MENSAXES.

FACEMOS O NOSO CAMIÑO.

ATOPAMOS UN SOUTO MÁXICO.

ONDE LEMOS, XOGAMOS E APRENDEMOS.

PORQUE LENDO VIAXAMOS E DIVERTÍMONOS.

FELIZ CAMIÑO DO LIBRO.



 

Feliz día do libro, Bo Camiño peregrinos e peregrinas! 




 

sábado, 30 de abril de 2022

Dia do libro, dinamización lingüística, biblioteca de Tololeo, Biblioteca creativa, PRoXECtO camiño de Santiago, colaboración, breakout educativo


 A semana do libro finalizou cunhas andainas que disfrutaron todos e todas. 

O alumnado de segundo e cuarto de primaria pasearon ata San Mamede, e ,acompañados dun día solleiro como había tempo  e  os seus mestres e mestras ,disfrutaron dunha xornada matinal na que os xogos , os sorrisos e o bo ambiente estiveron presentes en todo momento.

Lecturas, xogos e o noso proxecto do camiño e foron os protagonistas.

Momentos para disfrutar, por fin!!!

martes, 26 de abril de 2022

Dia do Libro22#Biblioteca de Tololeo#Dinamizacion lingüística# Educación Infantil

 SEMANA DO LIBRO

As nenas e nenos da clase de 5 anos repartiron un libro en galego e unha tarxeta ,elaborada por eles aos titores do colexio para conmemorar este día tan importante para eles e para Tololeo. 

As/os nenas e nenos de 5 anos desexannos a todos
FELIZ DÍA DO LIBRO




Dia do libro, PRoXECtO camiño de Santiago, poesía, breakout educativo, biblioteca de Tololeo

 Polo día...

Pola semana do libro 2022 @s nen@s de primeiro levaron a cabo diferentes actividades..

Percorreron o seu particular camiño dos libros... Acompañados dos bolechas e cuxo obxectivo era chegar ao libro que nos traen os Balbinos do English Way...

Recitaron un poema sobre Miguel de Cervantes Saavedra e a súa obra ben coñecida por tod@s, Don Quixote!



E están lendo un libro plurilingüe sobre o camiño inglés e vannos contár  cousiñas do camiño  na Radio xunto cos seus compañeiros peregrinos de segundo de primaria.

lunes, 25 de abril de 2022

Día do libro 2022# Audición e Linguaxe# Biblioteca creativa# Dinamización Lingüística#Contacontos# Educación Infantil

A QUE SABE A LÚA?

Con este bonito conto o alumnado de 5° de Infantil festexa o día do libro na aula de AL.


Na aula de AL  damoslle moita importancia aos CONTOS porque ESTIMULAN A LINGUAXE, a IMAXINACIÓN e a CREATIVIDADE. Favorecen a MEMORIA  e aumentan o seu VOCABULARIO.

Tamén traballamos os animáis que aparecen no conto e os seus sons.

Grazas á REALIDADE AUMENTADA podemos velos en tamaño real.




viernes, 22 de abril de 2022

Voluntariado, día do libro, bilbioteca de tololeo,

 Preparando as novas xeracións de voluntariado de biblioteca.

Hoxe os nenos e nenas de 2° aprenderon a rexistrar os seus libros no Meiga. 

E para ser a primera vez... fixérono xenial!!!



jueves, 21 de abril de 2022

Dia do libro, biblioteca de Tololeo


 
Pinchando en la imagen podremos aprender sobre Miguel de Cervantes y su obra .

23 de abril, DIA  MUNDIAL Del LIBRO y de los dereitos de autor.

Es un día muy importante  pues en él se pone en valor  la literatura , los libros y su importancia en el mundo  que auna todas las lenguas.

Se celebra este día en conmemoración a la muerte de  grandes escritores como Miguel de Cervantes , nuestro escritor más internacional, cuya obra, DON QUIJOTE de la MANCHA, es considerada una de las obras más importantes del mundo y traducida a muchísimos idiomas.
 

23 квітня, Всесвітній день книги та авторського права.

 Це дуже важливий день, тому що він цінує літературу, книги та їх значення у світі, який об’єднує всі мови.

 Цей день відзначається в пам’ять про смерть таких великих письменників, як Мігель де Сервантес, наш найінтернаціональніший письменник, чия творчість «ДОН КІХОТЕ де ла МАНЧА» вважається однією з найважливіших творів у світі та була перекладена багатьма мовами. .



 

Dia do libro, Biblioteca de Tololeo


 Comeza unha semana especial, coa celebración do dia do libro, agardamos as vosas " lecturas" en calquera formato, e a vosa achega á nosa biblioteca.

martes, 19 de abril de 2022

do libro, Dinamización lingüística, plurilingüismo, PRoXECtO camiño de Santiago, colaboracións, Biblioteca de Tololeo, adquisición

Achégase a celebración do día do libro, 23 de abril.
Que mellor maneira de celebralo ...ao redor dun libro.
Como non podia ser doutra maneira,  aunamos o noso proxecto e ao noso alumnado colaborando para coñecer catro dos camiños de Santiago.
Feliz dia do libro.
Feliz camiño da lectura e do libro.