Mostrando entradas con la etiqueta Dia da biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia da biblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de noviembre de 2025

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,Dia da biblioteca,dia

 EMISIÓN RADIO PINGUEIRA

CURSO 25/26

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS 


O alumnado de terceiro de primaria estrenouse na Radio Pingueira contando cousiñas do día internacional das bibliotecas.
Falaron do lema de bibliotecas escolares (PLAMBE)
"A biblioteca contra a desinformación".
En definitiva, disfrutando e aprendendo.



Aguriño amigos e amigas de Radio Pingueira 



sábado, 25 de octubre de 2025

Dia da biblioteca,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,




 Así transcorreu 

o noso día internacional das bibliotecas 

na biblioteca de Tololeo e nas aulas.

Nenos e nenas disfrutaron da lectura, da escritura, da oralidade, dos nosos espazos da biblio, da exposición de libros informativos.. 


Alumnado de 6° de primaria 

Alumnado de 1° a 5°

  
Os pequenos do cole, educación infantil 


 Os nenos e nenas do primeiro ciclo


FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

E FELICES LECTURAS





lunes, 20 de octubre de 2025

Dia da biblioteca,curso25/26,Biblioteca de tololeo,

 



24 DE OUTUBRO

DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS  2025



CONTRA A DESINFORMACIÓN ....  As bibliotecas procuran medios ao alcance de todos para  investigar, contrastar e coñecer...


Coñeces por que empezou a celebrarse  este día...  non deixes de escoitar  a nosa Radio Pingueira , ano tras ano  lembramos o por que , e tamén a importancia  das mesmas para todos e todas.

Dende o ano  1997  vense a celebrar esta data e nós dende a nosa biblioteca tamén  o faremos cunha exposición de libros de consulta , de información  que poderedes ver no noso corredor .


 tamén  íamos ter un obradoiro de investigación de fake news para a semana da prensa

Prorrogado... O Samaín vén forte...


E non esquezades que no patio de lecer teremos lecturas compartidas coma sempre.

Haberá recunchos habilitados .

Disfrutade un ano máis das vosas lecturas.


AGARDÁMOSVOS

Non deixedes de visitar as bibliotecas sempre que poidades..


Lembranzas da destrucion da biblioteca de Sarajevo consecuencia dunha guerra, desas que nunca deberon existir..

sábado, 9 de noviembre de 2024

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,CURSO24/25,TEATRO,Dia da biblioteca,ENTREVISTAS,COLABORACIÓNS,XORNAL O FISCAÍÑO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 

EMISIÓN RADIO PINGUEIRA 

PARA O XORNAL O FISCAÍÑO  no

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024

O TEATRO 


No día internacional  das bibliotecas os nenos e nenas de cuarto deixannos por aquí un podcast que nos lembra o por que desta celebración , e tamén nos falan do tema escollido por PLAMBE neste ano.
O teatro.
Non deixedes de escoitalos!




viernes, 25 de octubre de 2024

Dia da biblioteca,CURSO24/25,COLABORACIÓNS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,TEATRO,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,


POLO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS




E así foi como os nenos e nenas de infantil pasaron un día na biblioteca municipal e escoitaron as historias e fazañas dos mociños e mociñas de primaria  polas prazas do noso pobo nun día de sol fantástico!
E pola tarde os nenos e nenas de primeiro puxeron en escea na nosa biblio o seu conto.
A SOPA VERDE..

Día completo!
☀️☀️☀️🎭🎭🎭



 
Por aquí a xornada  de mañá , EI e primeiro ciclo na biblioteca municipal..


 E por aquí a xornada de Teatro de EP, de 3° a 6°.










E xa para finalizar , pola tarde na nosa biblio...
O  fantástico contacontos dos nenos e nenas  de  primeiro de primaria
A SOPA VERDE!


Grazas a todos e todas os que participastedes, e aos que vos achégastedes a vernos!
Viva o TEATRO!

miércoles, 23 de octubre de 2024

Dia da biblioteca,CURSO24/25,COLABORACIÓNS,Biblioteca de tololeo, DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, TEATRO,


 


ACTIVIDADES DA CELEBRACIÓN DESTE DÍA PARA O LUNS 28
OBRADOIROS de monicreques.
Recitado e posta en escea de fragmentos teatrais polas prazas do pobo



ÁBRESE O TELÓN, BENVIDO@S A NOSA FUNCIÓN 24/25


COLABORACIÓN INTERBIBLIOTECAS
CEIP/ies/ Concello.

jueves, 23 de noviembre de 2023

IGUALDADE,biblioteca inclusiva,Dia da biblioteca,COLABORACIÓNS,CURSO 23/24,Emociónate,EDUCACIÓN RESPONSABLE,

 Hoxe o noso alumnado disfrutou dun obradoiro inclusivo.

Grazas a IGUALARTE, DE AFUNDACION de VIGO , puideron realizar unha experiencia xunto con  outros mozos e mozas  , valorando a  diversidade como algo enriquecedor.🌈

Experiencia que contan...

Experiencias que suman...

REPETIREMOS SEN DÚBIDA!

Por un lado os nenos e nenas de educación infantil cun contacontos..





2°/3°4° CIRCUITO CIRCENSE


5°e 6°. GLOBOFLEXIA 



miércoles, 25 de octubre de 2023

BIBLIOTECA CREATIVA,COLABORACIÓNS,Dia da biblioteca,CONVIVENCIA INTERCENTROS,Biblioteca de tololeo,CURSO 23/24,DÍA DA BIBLIOTECA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 A celebración do DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS transcorreu estupendamente ao longo do día de hoxe.

De biblioteca en biblioteca fomos disfrutando e aprendendo  un pouquiño máis do por que desta data, de como se fai a banda deseñada, TBO, historieta  ou que  cómic  é unha palabra que procede da terminoloxía inglesa.

Os máis pequenos  de educación infantil e 1° de primaria fixérono na BIBLIOTECA DE TOLOLEO..

por aquí boa mostra delo

E asemade os nenos e nenas de primeiro visitaron a exposición de cómics na biblioteca municipal.

Por outro lado, o resto dos cursos de primaria disfrutaron dunha exposición  de personaxes de cómic acompañados de algúns deles na BIBLIOTECA DO IES, e tamén da exposición na biblioteca municipal e a realización dun obradoiro de banda deseñada.

Neste obradoiro fixeron historetas cos personaxes da nosa biblioteca . E ditos cómics estarán expostos no cole para disfrute de todos.

Foi unha xornada distinta e creativa acompañados dos nenos e nenas do CEIP DE MANZANEDA e do alumnado de 2° ESO do IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO.

Grazas a todos e todas por participar!

2°/3°/4° de Ep no IES ...


E na biblio municipal 



5° e 6° de EP na biblioteca municipal 







lunes, 23 de octubre de 2023

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CURSO 23/24,Biblioteca de tololeo,BIBLIOTECA CREATIVA,Dia da biblioteca,DÍA DA BIBLIOTECA,

 EMISIÓN RADIO PINGUEIRA

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O alumnado de terceiro de primaria estrenouse neste curso coa emisión, no noso laboratorio de Radio, do programa elaborado co motivo da celebración deste día tan importante para eles, na biblioteca de Tololeo.

Por aquí vos deixamos a emisión!




viernes, 20 de octubre de 2023

Dia da biblioteca,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,BIBLIOTECA CREATIVA,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,CONVIVENCIA INTERCENTROS, DÍA DA BIBLIOTECA





 O vindeiro MARTES 24 DE OUTUBRO.. CAMBIO NA ACTIVIDADE, SERÁ O MERCORES 25 , terá lugar a actividade interbibliotecas na que participarán os nenos e nenas do cole dedicando a xornada a banda deseñada e a  coñecer algúns dos personaxes   deste tipo de texto..

Educación infantil e 1° de EP terán a súa xornada de celebración, do día das bibliotecas, con Tololeo, na nosa biblioteca.

O resto do alumnado de primaria participará nas exposicións e obradoiros tanto na biblioteca do IES como na do CONCELLO.





lunes, 16 de octubre de 2023

Dia da biblioteca,CURSO 23/24,Biblioteca de tololeo,COLABORACIÓNS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,


ACTIVIDADES PROGRAMADA...


IMOS CELEBRAR COMO SE MERECE
O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA!

HOMENAXEAMOS A FRANCISCO IBÁÑEZ.
TRABALLAMOS A BANDA DESEÑADA.
PARTICIPAMOS XUNTO COAS BIBLIOTECAS DA CONTORNA NUNHA ACTIVIDADE CONXUNTA.
Exposición no IES
OBRADOIRO na biblio municipal 

Todo iso  o vindeiro martes 24 de outubro .
Cursos de 2° a 6° na biblioteca do IES e do CONCELLO.
ED.Infantil e 1° na biblioteca de TOLOLEO.






 

lunes, 24 de octubre de 2022

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Dia da biblioteca,Biblioteca de tololeo,


EMISIÓN
RADIO A PINGUEIRA
Día das bibliotecas na radio de Tololeo, entrevista a 3*ESO
radio PINGUEIRA.

Os nenos e nenas de 5* de primaria  recibiron aos nenos e nenaa de 3* da ESO no noso locutorio e fixéronlles unha entrevista... A ver que nos contan do que saben da nosa biblio.


 

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Dia da biblioteca,Biblioteca de tololeo,


EMISIÓN
RADIO A PINGUEIRA
Día das bibliotecas 2022.

Os nenos e nenas de segundo, un ano máis preséntaron o día das bibliotecas,  o por qué da súa celebración e presentan a  actividade que levaremos a cabo conxuntamente coas bibliotecas do IES e do concello.


 

Dia da biblioteca, biblioteca de Tololeo, colaboracións, curso22/23, dinamización lingüística


 Feliz día a todos e todas, grandes e pequenos lectores/as!!

Hoxe tivemos unha xornada de convivencia, os mais pequenos tiveron un obradoiro ...
Na biblioteca MUNICIPAL.


 E os nenos e nenaa de primaria e secundaria ....Nas bibliotecas do IES XERMÁN ANCOCHEA e do CEIP MANUEL BERMÚDEZ COUSO.... Creando microrrelatos que iremos subindo ao longo da semana...



Para finalizar asinamos tod@s no cartel sobre este día , estivemos aí , todos, xuntos, para conmemoralo.
Grazas a todos e todas por participar!






viernes, 14 de octubre de 2022

Biblioteca de Tololeo,dia da biblioteca, colaboracións, curso 22/23


 Non queda nada xa para, un ano máis, conmemorar 

 O DÍA INTERNACIONAL das BIBLIOTECAS.

Nestes anos anteriores celebrámolo doutra maneira, sen poder compartir tanto como quixéramos , pero este ano, decidimos volver a convivir, e así, o 

As bibliotecas do IES XERMÁN ANCOCHEA e CEIP MANUEL BERMÚDEZ COUSO, xunto coa BIBLIOTECA do CONCELLO de A POBRA de TRIVES ,  preparamos unhas actividades simultáneas para disfrutar dese día.

Q final de ditas actividades relacionadas coa lectura, escritura e ilustración creativa, faremos unha xuntanza na praza do Concello onde deixaremos a nosa pegada.

O día 24 xa esta aí...

As nosas bibliotecas están aí...

Agardando para disfrutalas....


miércoles, 3 de noviembre de 2021

Radio pingueira. Radio na biblio.Dinamizacion lingüística. Dia da biblioteca.

 EMISIÓNS RADIO PINGUEIRA

Hoxe temos con nós aos nenos e nenas de 4 anos falándonos do seu personaxe favorito, actividade que se levou a cabo polo día internacional da  biblioteca.

Atentos aos personaxes que nos presentan, non perdades detalle!.




miércoles, 27 de octubre de 2021

RADIO PINGUEIRA. RADIO na BIBLIO. DIA DA BIBLIOTECA. Dia da biblioteca


EMISIÓNS RADIO PINGUEIRA
Hoxe dende Radio A Pingueira emitimos coa clase de primeiro de primaria para falarvos do DIA INTERNACIONAL Das BIBLIOTECAS.
Premede na imaxe e disfrutade con estes pequenos locutores.


 Imaxe do momento da grabación.



lunes, 25 de octubre de 2021

Día da biblioteca

 

Pois xa temos os primeiros traballos das títorias polo día das BIBLIOTECAS.

Disfrutade coñecendo co que personaxes soñan os nosos alumnos e as nosas alumnas!

Os máis madrugadores... Educación infantil 5 anos

 Primeiro de primaria




lunes, 18 de octubre de 2021

DIA DA BIBLIOTECA

 

Lembrade un ano máis o por que desta celebración, e non esquezades nunca que unha biblioteca é un lugar onde poder soñar mundos imaxinarios

Por mor da celebración deste día, cada neno vai soñar co seu personaxe favorito , e cando estén publicarémolo no noso blog...