O alumnado de 4°,5° e 6° curso disfrutaron nestes días da súa viaxe fin de curso . Un curso no que o PRoXECtO camiño de Santiago estivo presente en todas as actividades.
Aquí vos deixamos o resumo da bonita experiencia que viviron os nos@s peregrinos.
En proceso... ( 3° día)
Tamén o resto do alumnado do cole disfrutou dunha xornada na cidade de Santiago de Compostela, na que visitaron a praza do Obradoiro, deron un paseiño pola zona antiga e visitaron a porta de praterías.
Despois xantaron no parque da Música e visitaron o Museo de historia natural. Para finalizar merendaron na Cidade da cultura.
O alumnado de cuarto curso levou a cabo o roteiro do camiño que traballou este ano no PRoXECtO camiño de Santiago. Para despois levar a cabo cos escornabots fixeron a plantilla do itinerario do mesmo e crearon os seus peregrinos para seguir ese roteiro.
Os pilgrims do camiño inglés van rematando as súas visitas aos lugares ao redor do camiño...
Visitando os últimos lugares ...
Santuario da virxe da Barca en Muxía e o cabo Fisterra... Por alí atopámonos con Tololeo e a súa pandilla...
A Virxe da Barca chamábase así porque veu nunha barca a darlle folgos ao Apóstolo Santiago, e ao bater coa costa conta a lenda que escachou en pedazos a barca de pedra . Estes pedazos son os que podemos atopar ao redor do Santuario e din teñen propiedades curativas... Quen sabe! Haberá que ir probar...🧙
Sabíades que finisterrae , que provén do latín, significa o fin da terra...
En Fisterra e onde verdadeiramente remata o Camiño de Santiago.
E por último visitamos o Dolmen de Dombate e o Castro de Baroña.
.
. Siguiente destino .. por suposto.. Santiago de Compostela! Xa non queda nada!