Mostrando entradas con la etiqueta educación vial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación vial. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2026

educación vial,CURSO 25/26,COLABORACIÓNS,

 

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL NO COLE.



Un ano máis retomamos as XORNADAS de educación vial que tanto gustan á rapazada.

Na pista de baloncesto se instalará o circuito coma sempre.

Os nenxs e  vehículos de primaria accederán polo portón grande como o ano pasado  .

O nenxs  e vehículos de  infantil accederán coma sempre, sen variación (por transporte ou pola entrada principal segundo sexan de transporte ou de casa.)

A medida que vaían entrando aparcarán no lugar preparado por cursos.

O mércores 17 será o turno de educación infantil e primeiro ciclo.

Antes do recreo primeiro ciclo

Despois do recreo EI.

O xoves18  tocaralle ao segundo e terceiro ciclo

ANTES DO RECREO SEGUNDO CICLO

DESPOIS DO RECREO TERCEIRO CICLO


Para recoller as bicis igual que na entrada.

Primaria  polo portón, e infantil sen variación.

A disfrutar!!!


Actividade organizada grazas  a colaboración co servizo da Policía local do  noso concello.






Segundo día 









miércoles, 27 de mayo de 2026

COLABORACIÓNS,obradoiros,educación vial,CURSO 25/26, exposicións,




 28 de maio

No noso cole!

  Federación Galega de Automobilismo nas Aulas 

É unha iniciativa educativa dirixida ao alumnado de EP en Galicia.

Consiste nun ciclo de charlas e actividades que se desenvolven directamente nos centros escolares, co obxectivo de achegar o mundo do automobilismo deportivo.

 Durante estas sesións, profesionais do sector — pilotos, copilotos, mecánicos ou organizadores— comparten a súa experiencia e explican como funciona este deporte desde dentro.


Ademais de dar a coñecer o automobilismo, o programa ten unha forte vertente formativa. O alumnado aprende aspectos clave como:

* As distintas modalidades do motor.

* As medidas de seguridade nos vehículos e nas probas.

* A importancia da seguridade viaria no día a día.

* Valores como o esforzo, o traballo en equipo e a responsabilidade.


As actividades adoitan completarse con elementos prácticos, como a exposición de coches de competición nos propios centros e unha actividade sorpresa para os máis pequenos. 

En resumo, “FGA nas Aulas” é un proxecto divulgativo e educativo que utiliza o automobilismo como ferramenta para ensinar valores, fomentar a seguridade e espertar o interese dos rapaces e rapazas polo mundo do motor.

NO NOSO CENTRO

A actividade será de 11:00 a 13:00 aproximadamente.

Primeiro haberá unha charla na Biblio

E a continuación no patio poderedes montar nun coche de exposición.


Deixamos por aquí momentos da  estupenda xornada  que compartimos con Andrés e Yerai.






sábado, 22 de junio de 2024

educación vial,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,Emociónate,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,ORIENTACION,orientación,EDUSAÚDE,

 XORNADAS 

DE 

EDUCACIÓN VIAL ,xogos e obradoiros.

23-24

Fin de curso!!!


MEnudo fin de curso tivemos no cole, educación vial, obradoiros en infantil e en primaria de baile, xogos de mesa, cine..

No último día de curso tocoulles aos nenos e  nenas de educación infantil e os cursos de primaria ata cuarto. 

O s maiores atópanse de excursión  e xa disfrutaron das mesmas o mércores 19.




sábado, 15 de junio de 2024

educación vial,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,XOGOS,EDUSAUDE,PROXECTO SAÚDE,

 XORNADAS DE EDUCACIÓN vial

Rematando actividades 

DIA 19  ALUMNADO 4°,5°,6° QUE VAI DE EXCURSIÓN 

DÍA 21. RESTO DO ALUMNADO


IMPORTANTE: PODEREDES TRAER AS VOSAS BICIS, PATINETES, PATÍNS.... ( NADA ELÉCTRICO).

FAMILIAS : SE PRECISADES TRAELAS O DÍA ANTERIOR , (SOBRETODO  OS NENOS E NENAS DE TRANSPORTE),  HABERÁ UNHA ZONA NO COLE HABILITADA PARA CUSTODIALAS.
FALADE COS VOSAS TITORAS OU TITORES!🙂


martes, 23 de abril de 2019


O pasado 29 de marzo @s nen@s de educación primaria participaron nun OBRADOIRO de Educación Vial .
Acompañad@s polo profesorado acudían ao IES Xermán Ancoechea para compartir actividade co@s nen@s da ESO.



 Unha xornada na que pudieron practicar con patíns, patinetes, bicicletas...e pasáronno genial!


Os nen@s de sexto e de primeiro da ESO asistiron a una charla informativa sobre o uso da bicicleta  e as normas de tráfico.

O noso agradecemento ao IES, Protección Civil, policía local e Tráfico.