Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS HUMANOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS HUMANOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de diciembre de 2023

DEREITOS HUMANOS,DEREITOS DO NEN@,CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,RADIO,RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,Emociónate,ORIENTACION,

 10 de Decembro Día dos dereitos humanos.

“Un dereito non é algo que alguén te da; é algo que ninguén te pode quitar (Clark)”

As alumnas e alumnos de 4º de Educación Primaria, realizaron actividades de sensibilización en relación aos dereitos humanos. 

Primeiro investigamos que eran los dereitos humanos, que dereitos temos como nenas e nenos, que diferencias hai con outras nenas e nenos de outros países, que dificultades están tendo as persoas que viven en países onde hai conflitos bélicos. 

Despois escoitamos unha canción de Txarango e analízamos que nos quería dicir a súa letra e porque a cantaron e a quen lle cantaban. Escribimos aquelas palabras da canción que nos parecían interesantes en relación ao que descubrimos sobre os dereitos humanos e os colgamos no mural que fixemos. 

Despois decidimos cantala entre todos e podela gravar no programa de radio en forma de manifesto!



EMISIÓN EN RADIO PINGUEIRA

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS



domingo, 19 de diciembre de 2021

miércoles, 11 de diciembre de 2019

martes, 10 de diciembre de 2019

DIA DOS DEREITOS HUMANOS. DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA.



Hoxe conmemoramos  o DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS, e por extensión os da infancia.

Na clase de primeiro os nen@s reflexionaron sobre elo , nos debuxos reflicten a necesidade de seguir loitando polo cumplimento dos mesmos.



martes, 29 de enero de 2019

Dicía Elie Wiesel, supervivinte de Auschwitz e premio Nobel da Paz
     
"Sen memoria, o ser humano entra nunha soidade de silencio e indiferenza; quen non lembra perde a súa humanidade".

    Seguimos coñecendo personaxes que obtiveron o premio Nobel da Paz.
                                    Biblioteca de Tololeo 2019

martes, 19 de diciembre de 2017

Anuncios publicitarios sobre os dereitos humanos!

Porque tampouco nos esquecemos do día dos dereitos humanos que no fondo son todos os días; @s nenos e as nenas do colexio fixeron anuncios publicitarios para explicar todos e cada un dos dereitos humanos. Esperamos que os vexades!