Colqboracións intercentros
en CASTRO CALDELAS.
A GARDA CIVIL E OS SEUS MEDIOS
Mércores 3 de xuño
Para todo o alumnado do centro, en horario escolar.
Ao remate da merenda retornamos a Trives ,e a saída do centro será no horario de sempre.
Colqboracións intercentros
en CASTRO CALDELAS.
A GARDA CIVIL E OS SEUS MEDIOS
Mércores 3 de xuño
Para todo o alumnado do centro, en horario escolar.
Empezamos a recta final do curso e Temos moooooitas actividades á vista...😊
mes de xuño✨
CHOLO E NELA...E A CIENCIA
Este ano tocoulle a ciencia ser o eixe das CONVIVENCIAS de EDUCACIÓN INFANTIL.
O noso grupo de infantil partiu cara a Rúa, onde se celebraban este ano, da man do cole anfitrión, CEIP MANUEL FOLLA RESPINO
Un ano mais os nosos nenos e nenas de Infantil desfrutaron dunha xornada de convivencia da man da pinga NELA e o globo CHOLO.
Estes dous amigos nosos fixéronnos desfrutar XOGANDO, EXPERIMENTANDO e BAILANDO
Deixamos por aquí imaxes dun día espectacular onde nais , pais. Mestras, mestres ,nenos e nenas disfrutaron dunha xornada científica.
VII
CONGRESO CIENTÍFICO DE MONTAÑA
XA ESTÁ
case é o día do Congreso e aquí tedes ás/aoS PROTAGONISTAS E ANFITRIóNS DO MESMO contándonos o que vai a acontecer no día de mañá.
VII CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA.
8-9 de maio!!!
Achègase a data....
Menudo evento preparou a nosa coordinadora de polos creativos, Sara!!!
Da man do CEIP PLURILINGÜE MANUEL BERMÚDEZ COUSO e o IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO, vaise celebrar o
VII congreso científico DA MONTAÑA
ao que están invitados , colexios da montaña de Lugo e Ourense.
CPI UXÍO NOVONEYRA
CPI CERVANTES
CPI PLURILINGÜE NAVIA DE SUARNA
IES BECERREÁ
IES O COUTO
CEIP EDUARDO CELA VILA
CPI VIRXE DOS REMEDIOS
CEIP MANZANEDA
.
Feira científica, xincanas, veladas, convivencia nocturna, actividades de montaña en Cabeza de Manzaneda.. todo en dous días intensos nos que a comunidade educativa se implicou para que todos e todas disfrutemos desta xuntanza!!!
Comeza a conta atrás...
Deixámosvos o tríptico das xornadas do martes e mércores. 29-30 de abril. CORRECCION 8-9 DE ABRIL
O magosto no noso cole
🌰🌰🌰🌰🌰🌰
Na xornada do venres 8 de novembro disfrutamos desta celebración popular e tradicional en colaboración co alumnado e profesorado do IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO.
Comezamos cunha caminata ata o SOUTO DE VILANOVA, para proseguir cuns xogos para o alumnado de primaria onde todos e todas disfrutamos un montón.
A continuación chegou o grupo do IES e mentres comiamos as castañas asadas nun cacho tradicional, confraternizamos e charlamos prof@s ,mestr@s, nen@s e moz@s un día espectacular.
Para finalizar xantamos uns bolos con chourizo requetericos.. e voltamos ao cole desandando os camiños
Por aquí algunhas imaxes dos nenos e nenas
EDUCACIÓN INFANTIL
OBRADOIRO DE CIENCIAS NO IES
Venres 31 de maio de 10 a 12:30.
Rematamos curso co obradoiro de ciencias no IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO.
O departamento de bioloxia co seu alumnado e en colaboración interbibliotecas ofertarán esta xornada para o alumnado de 2°,3° e 4°
O resumo dunha estupenda xornada por aquí....
.
O pasado venres tixemos a visita cos nenos e nenas de 2º, 3º e 4º de primaria . O alumnado de ciencias de 4º ESO e 1º Bach ensinoulle a utilizar as lupas e fixeron algún experimentos con eles, como extraer os pigmentos das follas e observar estomas e protozoos no microscopio.
CHOLO E NELA XA ESTÁN DE NOVO POR AQUI
"CAMI.ñOS DE IDA E VOLTA"
30 de maio
O noso alumnado de infantil, primeiro e segundo estan preparados para disfrutar dunha xornada de convivencia intercentros chea de actividades moi diversas que farán as ledicias de tod@s.
Actividade á vista
polos creativos
23 MAIO
Club de ciencia
Biblio creativa
Planeta Trives é o nome do noso traballo onde mesturamos con moito esmero aplicando os nosos coñecementos en competencia dixital adquiridos ao longo do curso.
Incluímos maquetas da nosa vila onde integramos enerxías renovables, un xogo interactivo con Makey Makey para poñer a proba os nosos coñecementos sobre reciclaxe, un filtro de auga feito con recursos naturais, un camión do lixo tecnolóxico e complementado coa impresión 3D
E o cubo de lixo con apertura automática
Entre outras cousas...
E por suposto tamén levaremos o noso panel interactivo de ROSALÍA que tanto éxito acadou.
Nuns días contarémosvos máis… por agora, a preparar ben o noso paso por Pedrafita e continuar coas nosas gañas de aprender!!!
Por aquí deixamos o triptico do congreso!😊
Xa temos por aquí a mostra das exposicións da nosa rapazada de quinto e sexto no Congreso científico en Pedrafita
E no primeiro lugar un resumo da xornada
PARABÉNS A TODOS E A TODAS ,
FIXÉSTELO XENIAL!!
GRAZAS A SARA, a nosa profe de Polos creativos por favorecer unha aprendizaxe autónoma e innovadora
E por suposto grazas a Gabriel , profe no centro anfitrión por proporcionarnos está experiencia intercentros.
EXPOSICIÓNS
A celebración do DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS transcorreu estupendamente ao longo do día de hoxe.
De biblioteca en biblioteca fomos disfrutando e aprendendo un pouquiño máis do por que desta data, de como se fai a banda deseñada, TBO, historieta ou que cómic é unha palabra que procede da terminoloxía inglesa.
Os máis pequenos de educación infantil e 1° de primaria fixérono na BIBLIOTECA DE TOLOLEO..
por aquí boa mostra delo
E asemade os nenos e nenas de primeiro visitaron a exposición de cómics na biblioteca municipal.
Por outro lado, o resto dos cursos de primaria disfrutaron dunha exposición de personaxes de cómic acompañados de algúns deles na BIBLIOTECA DO IES, e tamén da exposición na biblioteca municipal e a realización dun obradoiro de banda deseñada.
Neste obradoiro fixeron historetas cos personaxes da nosa biblioteca . E ditos cómics estarán expostos no cole para disfrute de todos.
Foi unha xornada distinta e creativa acompañados dos nenos e nenas do CEIP DE MANZANEDA e do alumnado de 2° ESO do IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO.
Grazas a todos e todas por participar!
2°/3°/4° de Ep no IES ...