Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIONS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIONS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2026

COLABORACIÓNS,obradoiros,educación vial,CURSO 25/26, exposicións,




 28 de maio

No noso cole!

  Federación Galega de Automobilismo nas Aulas 

É unha iniciativa educativa dirixida ao alumnado de EP en Galicia.

Consiste nun ciclo de charlas e actividades que se desenvolven directamente nos centros escolares, co obxectivo de achegar o mundo do automobilismo deportivo.

 Durante estas sesións, profesionais do sector — pilotos, copilotos, mecánicos ou organizadores— comparten a súa experiencia e explican como funciona este deporte desde dentro.


Ademais de dar a coñecer o automobilismo, o programa ten unha forte vertente formativa. O alumnado aprende aspectos clave como:

* As distintas modalidades do motor.

* As medidas de seguridade nos vehículos e nas probas.

* A importancia da seguridade viaria no día a día.

* Valores como o esforzo, o traballo en equipo e a responsabilidade.


As actividades adoitan completarse con elementos prácticos, como a exposición de coches de competición nos propios centros e unha actividade sorpresa para os máis pequenos. 

En resumo, “FGA nas Aulas” é un proxecto divulgativo e educativo que utiliza o automobilismo como ferramenta para ensinar valores, fomentar a seguridade e espertar o interese dos rapaces e rapazas polo mundo do motor.

NO NOSO CENTRO

A actividade será de 11:00 a 13:00 aproximadamente.

Primeiro haberá unha charla na Biblio

E a continuación no patio poderedes montar nun coche de exposición.


Deixamos por aquí momentos da  estupenda xornada  que compartimos con Andrés e Yerai.






viernes, 25 de abril de 2025

CONGRESO CIENTIFICO,CURSO24/25,CLUB DE CIENCIA,POLOS CREATIVOS,BIBLIOTECA CREATIVA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CONVIVENCIA INTERCENTROS,COLABORACIONS,EXCURSIONS,EXPOSICIONS,obradoiros,

 VII CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA.

8-9 de maio!!!


Achègase a data....

Menudo evento preparou a nosa coordinadora de polos creativos, Sara!!!




 Da man  do CEIP  PLURILINGÜE MANUEL BERMÚDEZ COUSO e o IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO, vaise celebrar o 

VII congreso científico  DA MONTAÑA

ao que están invitados ,  colexios da montaña de Lugo e Ourense.

CPI UXÍO NOVONEYRA

CPI CERVANTES

CPI PLURILINGÜE NAVIA DE SUARNA

IES BECERREÁ

IES O COUTO

CEIP EDUARDO CELA VILA

CPI VIRXE DOS REMEDIOS

CEIP MANZANEDA

.

Feira científica, xincanas, veladas, convivencia nocturna, actividades de montaña en Cabeza de Manzaneda.. todo en dous días intensos nos que a  comunidade educativa se implicou para que todos e todas disfrutemos desta xuntanza!!!


Comeza a conta atrás...




Deixámosvos o tríptico das xornadas do martes e mércores. 29-30 de abril. CORRECCION 8-9 DE ABRIL





sábado, 22 de febrero de 2025

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CURSO24/25,Biblioteca de tololeo,COLABORACIÓNS,EXPOSICIONS, día de Rosalía, día da lingua materna,

 ALBORADA....

Así de bonita foi a nosa alborada, no día de Rosalía, no día da lingua materna, no día do noso..

Educación infantil 

Segundo....


Quinto...




Cousas bonitas que facemos e que nos gusta compartir.

Todo o alumnado participou nunha mañá de poemas, frases, pensamentos, e música tradicional. Da man da gran Rosalía de Castro e  Castelao. 

Reivindicando a lingua e a identidade do noso pobo


Terceiro....

Cuarto....

Primeiro...

.                              Sexto poemas 
                      A saia da Carolina 




Feliz día de Rosalía a todxs!

domingo, 26 de enero de 2025

CLUB DE CIENCIA,POLOS CREATIVOS,BIBLIOTECA CREATIVA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIÓNS,EXPOSICIONS,CURSO24/25,


Preparando as  PEQUENAS exposicións para o CONGRESO CIENTÍFICO que terá lugar no terceiro trimestre.

 O alumnado do segundo ciclo e a súa toma de contacto  e primeiros pasos para construir os seus prototipos.



 

viernes, 29 de noviembre de 2024

EXPOSICIONS,Biblioteca de tololeo,COLABORACIÓNS,CURSO24/25,

 O alumnado de terceiro de primaria estrenouse coas exposicións orais. Algo moi importante!

A educación lingüística, pasa pola expresión oral e escrita . Neste caso foi a expresión oral e os nenos e nenas amosaron as súas prioridades á hora de expoñer. 

Velaí imaxes  das mesmas.

As avispas, Isadora Moon, os animais acuáticos, Pelé, os canarios, Taylor Swift Iker Casillas e o Samaín.


Na biblioteca de TOLOLEO podedes observar  os murais que prepararon para as súas exposicións.

martes, 26 de noviembre de 2024

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,EXPOSICIONS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,

 EMISIÓN RADIO PINGUEIRA

Radio na biblio

O alumnado de 4° de primaria completa a súa  formación  coa elaboración  individual e  exposición oral en radio dun tema elexido libremente. 

Esperamos que vos guste.

Hoxe tócalle a...

PODCAST 

OS BICHOS PALO

POR SERGIO ALVAREZ FERNÁNDEZ 



Aguriño, amigos e amigas de Radio Pingueira!!!

viernes, 21 de junio de 2024

ARTS AND KRAFTS,musica no cole,CURSO 23/24,Emociónate,Plurilingūismo,PLURILINGÜISMO,EXPOSICIONS,COLABORACIÓNS,

 

ARTS AND CRAFTS 

This third quarter, the arts and crafts students used their imagination to compose all these works of art where crafts, perspectives and imagination came together to form an authentic museum. 

We hope you enjoy it. happy summer!!!





sábado, 8 de junio de 2024

CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,EXPOSICIONS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,XORNAL O FISCAÍÑO,


🚌👩‍🏫🎒🎒🎒🎒🎒🎒🎒🎒

O alumnado de segundo visita o PAZO DA PENA, ( MANZANEDA) da man da  súa xerente

 CARLA RIAL

 Os peques de segundo acompañados dw Gemma , a súa  titora, tiveron a sorte de visitar esta xoia arquitectónica da man dunha guía excepcional

Carla Rial. 

Sumerxémonos nunha visita ó pasado a través de cada pedra: dende a separación de clases (con lugares claramente diferenciados para señoritos e servos) ata a conservación dos alimentos (con lugares frescos reservados para almacear e secar chacinas, queixos e pan). 

Asemade fomos conscientes da importancia da relixión na época (visitando a capela do pazo e a enorme cantidade de escritos relixiosos que se conservan na biblioteca).

 Tamén entendemos que a construcción e a fortificación do edificio responde a unha época convulsa na que era elemental ter unha boa defensa ou, ás veces, a posibilidade dunha saída discreta sen ser visto, como reflicten os túneles secretos. 

No seu museo puidemos ver a evolución de obxectos do día a día que se conservan, comparándoos cos que hoxe coñecemos.

 Resultou unha saída fantástica que nos amosou que temos verdadeiros agasallos ó lado da casa...



.

miércoles, 24 de abril de 2024

Biblioteca de tololeo,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,DIA DO LIBRO,EXPOSICIONS,PATIOS DINÁMICOS NO COLE,COLABORACIÓNS,CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,

 23 DE ABRIL...

POLO DÍA DO LIBRO...

ACTIVIDADES DA SEMANA...

Comezamos coa Feira do libro na que o noso alumnado intercambiou libros durante toda a mañ

á. 

A cambio dun libro ou v

arios e cun ticket que se lle entregaba , puideron escoller o conto que mais lles apetecía para levar.

Asemade puideron escoller un marcapáxinas, ver unha exposición privada de marcapáxinas, e como non disfrutar dunha xornada de lectura extra. 

No patio de lecer instalamos colchonetas, tipis, céspedes e uns carritos e expositores con libros, revistas, xornais para que todo aquel que quixera puidera baixar a ler un ratiño só ou en compañía.

PROMOVENDO A LECTURA DENDE A BIBLIOTECA DE TOLOLEO



Non deixedes de ver e desfrutar co vídeo que resume os momentos máis bonitos da xornada.



Pero non so iso... 

O CERTAME DE POESÍA , NARRACIÓN E TEATRO ...

está en marcha .. e xa hoxe polos  corredores o alumnado do terceiro ciclo e o de infantil intercambiaron actividades, contacontos, dramatizacións e unhas preguntiñas moi curiosas sobre a celebración deste día e o libro do INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA, que os nenos e nenas de infantil diso saben un rato.

Seguiremos coas actividades ao longo da semana.




XA TEMOS POR AQUÍ AO NOSO ALUMNADO  COA MOSTRA DE CADA CURSO.

POESÍAS DO PRIMEIRO CICLO






DRAMATIZACIÓNS DO SEGUNDO CICLO






CONTACONTOS E PREGUNTOIRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E TERCEIRO CICLO




CONTACONTOS 5°

Máis con sexto




martes, 16 de abril de 2024

DIA DO LIBRO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,TEATRO,POESIA,CONTACONTOS,VOLUNTARIADO,CURSO 23/24,EXPOSICIONS,

 Semana de celebración, 

Polo día do libro,

Do 22 ao 26 de abril!


Intercambio de libros durante a semana na entrada do colexio.

Para poder intercambiar deberedes traer un libro do que non vos importe desprendervos e poderedes cambialo por outro que atopedes nas mesas que estarán  na entrada.l

O libro que traiades , na semana do 15 ao 19, entregádeo á vosa/o titor/a e eles vós darán un ticket para poder coller outro que queirades


Se durante a semana o ledes e queredes volver a intercambiar  por outro seguiredes o mesmo proceso.

Importante, os libros que entreguedes  pasan a ser opcionais para todos

II Certame de poesía,  teatro  e narración oral

Cada grupos de nenos e nenas contribuirá con unha ou varias actuacions que representarán ao resto do alumnado, previsiblemente nos días 25 e 26 de abril.


Durante toda a semana haberá recunchos de lectura por todo o cole, aproveitaos para disfrutar da lectura

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

 



jueves, 30 de marzo de 2023

ARTE,CURSO 22/23,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,EXPOSICIONS,COLABORACIÓNS,



DIA DAS ARTES GALEGAS 
Visita ao centro de interpretación de Santa Leonor.

Nel poderán visitar a exposición sobre a escola de antes. e  serán participes dun percorrido sobre a auga , a montaña e o sentir desta comarca.

(En colaboración coa biblioteca municipal e o concello.)

Xa temos imaxes do día de hoxe.





 

miércoles, 29 de marzo de 2023

TEATRO,DIA DA POESIA,CURSO 22/23,Emociónate,BREAKOUT EDUCATIVO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,EXPOSICIONS,


Nenos e nenas..
ta chan ta chan..
Para todos vostedes
O noso 

CERTAME de PRIMAVERA
 DE POESÍA E TEATRO

Os nenos e nenas de  6° educación infantil con poesia para la primavera

A CONTINUACIÓN...

Os nenos e nenas de terceiro de primaria con poesía.

SEGUIMOS...
o teatro....


os nenos e nenas de primeiro de primaria con

 
ROSA CARAMELO





E PARA FINALIZAR... 
 

O nenos e nenas se segundo de primaria con 

A MOSCA CHOSCA


 
 

lunes, 20 de marzo de 2023

ANPA,CURSO 22/23,EXPOSICIONS,COLABORACIÓNS,Biblioteca de tololeo,contacontos, dinamizacion lingüística

 


XOVES 23

Charla sobre ciberseguridade organizada pola ANPA, na biblioteca de Tololeo de 15:00 a 16:00 horas.

 Destinatarios os cursos 

4°, 5° e 6° de EP.

  


                  VENRES 31.

CONTACONTOS ORGANIZADO POLA ANPA. " POR QUE TE QUERO TANTO". NA BIBLIOTECA DE TOLOLEO. DE 15:00 A 16:00 HORAS.

DESTINADO A EDUCACIÓN INFANTIL E OS TRES PRIMEIROS CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

miércoles, 15 de marzo de 2023

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CURSO 22/23,MULLER TRABALLADORA,IGUALDADE,EXPOSICIONS,

 EMISIÓN RADIO PINGUEIRA.

         8M

No día da Muller traballadora os nenos e as nenas de segundo fálannos  de igualdade, de visibilización e de posta en valor sobretodo do deporte en feminino, este ano a nosa exposición no cole foron diso, de deportistas galegas.




viernes, 17 de febrero de 2023

Dia de Rosalía,CURSO 22/23,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo, colaboracións,EXPOSICIONS,



23 de febreiro.
 Día de Rosalía 
ALBORADA PARA ROSALÍA 


O xoves 23 agárdanos  un día no que lembraremos cancións e poemas da autora.
Polas prazas da nosa vila levaremos a cabo unha ALBORADA dedicada á nosa gran escritora.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O CÁRTEL 


Pois si o permitiu e nunha mañá fría pero soleada saiu o noso alumnado cara as prazas do pobo cos poemas de Rosalía de Castro.
Aquí tedes boa mostra deles

Educación infantil. Rosalía pequeniña.

1° + 2° de educación primaria.
Adiós ríos, adiós fontes.


3° de primaria.
Amor á terra..

4° de primaria.
O gaiteiro reboludo.

5° de primaria. Negra sombra.

6° de primaria. Maio longo




 

lunes, 13 de febrero de 2023

muller na ciencia,EXPOSICIONS,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,PLURILINGÜISMO,CURSO 22/23,IGUALDADE,

11F.. Día da Muller e da nena na ciencia.

COÑECENDO A ...



 Sara García Alonso es una bióloga molecular y candidata​ a astronauta española.​ En noviembre de 2022, fue seleccionada por la Agencia Espacial Europea en calidad de reserva, convirtiéndose en la primera mujer española candidata a astronauta.

Practicando inglés....con Sara.. atréveste?

Os nenos e nenas de 6° traennos  un experimento para este día. Moi atentos 



viernes, 10 de febrero de 2023

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,EXPOSICIONS,VOLUNTARIADO,COLABORACIÓNS,CURSO 22/23,Biblioteca de tololeo,

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN EN SANTA LEONOR. 
EXPOSICIÓN  FACSÍMILES DE VIÑETAS DE CASTELAO


 O noso alumnado de quinto e sexto de primaria visitou a exposición sobre Castelao, organizada polo Concello de POBRA de TRIVES, e puideron admirar  algúns dos debuxos do famoso  escritor e caricaturista galego.