🚌👩🏫🎒🎒🎒🎒🎒🎒🎒🎒
O alumnado de segundo visita o PAZO DA PENA, ( MANZANEDA) da man da súa xerente
CARLA RIAL
Os peques de segundo acompañados dw Gemma , a súa titora, tiveron a sorte de visitar esta xoia arquitectónica da man dunha guía excepcional:
Carla Rial.
Sumerxémonos nunha visita ó pasado a través de cada pedra: dende a separación de clases (con lugares claramente diferenciados para señoritos e servos) ata a conservación dos alimentos (con lugares frescos reservados para almacear e secar chacinas, queixos e pan).
Asemade fomos conscientes da importancia da relixión na época (visitando a capela do pazo e a enorme cantidade de escritos relixiosos que se conservan na biblioteca).
Tamén entendemos que a construcción e a fortificación do edificio responde a unha época convulsa na que era elemental ter unha boa defensa ou, ás veces, a posibilidade dunha saída discreta sen ser visto, como reflicten os túneles secretos.
No seu museo puidemos ver a evolución de obxectos do día a día que se conservan, comparándoos cos que hoxe coñecemos.
Resultou unha saída fantástica que nos amosou que temos verdadeiros agasallos ó lado da casa...
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario