Mostrando entradas con la etiqueta GRADUACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GRADUACIÓNS. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2026

GRADUACIÓNS,CURSO 25/26,


GRADUACIÓNS  25/26

Xoves 18/6/26

No auditorio xulio vÁzquez

Un ano máis felicitamos á cativada que cambia de etapa educativa.

E despedimos aos nosos maiores .





viernes, 20 de junio de 2025

GRADUACIÓNS,CURSO24/25,

 Un ano mais celebrouse por todo o alto a graduación dos pequenos e dos maiores do cole.

PARABÉNS !!!

a todos e todas  

e que a nova  etapa que ides comezar veña cargada de cousas bonitas pero tamén do esforzo e traballo pola vosa parte.

O alumnado de sexto

De primaria 


O alumnado de sexto de infantil 




lunes, 10 de junio de 2024

CURSO 23/24,GRADUACIÓNS,EDUCACION INFANTIL,Emociónate,emocionate,


 Un ano máis temos as graduacións dos cursos que rematan etapa.

Por un lado ,os peques de cinco anos deixarán atrás a etapa de educación infantil, unha etapa que seguro lembrarán sempre con moito cariño. 

E por outro lado, os nos@s maiores de sexto que rematan primaria e marchan ao instituto, comezando así unha nova etapa da súa vida.

Agardamos tanto uns coma outros disfruten desta despedida en compañía das súas familias e as súas mestras ,e lembren con cariño o seu paso, polo centro de primaria que en caso dos maiores, en nada  deixarán atrás.

Desexámosvos a todos moita sorte e felicidade na etapa que ides comezar

AGURIÑO!

jueves, 29 de junio de 2023

GRADUACIÓNS,CURSO 22/23,Biblioteca de tololeo,VOLUNTARIADO,EDUCACION INFANTIL,

 Un ano máis veñen os cambios, as promocións e as despedidas.

Deixamos por aquí momentos entrañables das graduacións de educación infantil e sexto curso.

Os nosos mellores desexos para todos e todas.


Graduación infantil 5 anos




Graduación sexto de primaria!
Boa sorte rapaces e rapazas!
Botarémosvos de menos




martes, 21 de junio de 2022

Graduacións, biblioteca de Tololeo

GRADUAD@s 2021-22

Xa temos aos nos@s graduad@s deste ano!!
Parabéns a tod@s e boa sorte na voa nova andadura,  uns na educación secundaria e @s outros na educación primaria.
Feliz verán a tod@s!!


 


miércoles, 23 de junio de 2021

Graduación. Sexto de educación infantil. 20/21.

             CAMBIO de ETAPA.

Os nen@s de 5 anos tamén tiveron a súa gradúacion , despiden  unha etapa moi bonita e chea de preciosos momentos, aínda que dificiles nos últimos anos, e empezan outra diferente que ben seguro tamén lles gustará, 

Para eles é un paso grande,

 Xa son de primaria!!! 

E vanno facer xenial!!!

Deixámosvos con  este vídeo tan bonito, de despedida de educación infantil, que fixeron coa súa profe María José, outra gran capitana para este pequeno barco!!

Boa travesía a tod@s!!!






martes, 22 de junio de 2021

Graduación sexto de primaria 2021

 DESPEDIDA....

Bonita, entrañable, anhelada... Foi a despedida e graduación dos nos@s maiores, maiores que foron pequeniños con nós, que medraron e chegaron ata aquí, superando barreiras , sobretodo estes dous últimos anos tan difíciles e diferentes pero  moi ben capitaneados pola súa  profesora Mariluz.

Dende a biblio de Tololeo queresevos enviar un agarimo especial por tantas e tantas lecturas, que agardamos poidamos continuar nas nosas colaboracións

Unha aperta inmensa e parabéns aos mociños e mociñas que hoxe rematan etapa de primaria, e á súa profe polo traballo feito.

Non deixedes de vir a visitar a nosa biblio!

Moi boa sorte !


 

jueves, 5 de noviembre de 2020

GRADUACIÓNS

 

As NOSAS GRADUACIÓNS

Aquí vos deixamos as instantáneas e momentos dun día especial que tivo que retrasarse por mor das circunstancias que dende hai tempo estamos a vivir.

Os nenos e nenas de sexto de Educación Infantil no curso 2019/2020, non puideron celebrar a súa graduación no seu día ,e foi hoxe ,coa axuda e colaboración do que fora o seu profe,  Diego, cando disfrutaron dese momento.

O profe prometeulles unha visita cando se poida ,e envíalles unha aperta inmensa a tod@s e cada un deles,  tamén lles preparou un vídeo cos bos momentos vividos na súa etapa infantil.

No seguinte enlace está o VÍDEO que con moito cariño dedícalles Diego.

Graduación EI 2020

       Parabéns aos graduados!!!😊

                          UXÍA
                       BLANCA
                        ADRIÁN
                         MARUXA
                         AROA
                          ÓSCAR
                          HUGO
                         BIANCA

Momentos da graduación que tivo lugar na BIBLIOTECA de TOLOLEO, e na que grazas a Marisol, a súa titora e a María José coordinadora de Infantil puideron levar a cabo dita graduación, facendo dese momento un momento máxico e especial para eles.



Feliz comezo na EDUCACIóN PRIMARIA!!