Mostrando entradas con la etiqueta emocionate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emocionate. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de enero de 2025

CLUB DE LECTURA,CURSO24/25,EDUCACIÓN RESPONSABLE,Emociónate,emocionate,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


 



Este ano ademáis de seguir co programa de LEC, lectura emocións e creatividade  incluimos a nosa actividade co Club de lectura.

O noso club de lectura xa ten o seu logo, non podía ser doutra maneira que coa nosa mascota e os seus amiguis.

Cando lemos, aprendemos

Cando lemos fortalecemos a nosa capacidade de comprensión 

Cando lemos sentimos , interiorizamos e creamos


Coa primera lectura en 4° de primaria, ESCARLATINA E A COCIÑEIRA DEFUNTA, ( Ledicia Costas) ,falamos da amizade, da morte, de cociña, da tristura  e incluso do que nos aportan as mascotas...

Verémolo por aquí  en breve...




O alumnado de 3° , tamén forma parte do club de lectura,  eles elexiron VAMPIRA DE BIBLIOTECA, de Ledicia Costas, e están a preparar actividades sobre o mesmo.

martes, 17 de diciembre de 2024

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,musica no cole,CURSO24/25,COLABORACIÓNS,emocionate,NADAL,

 

CONVIVENCIA INTERCENTROS

CONVIVENCIA INTERXENERACIONAL 🎄

Os nenos e nenas do noso cole participan estes días  dunha actividade ben bonita!!

Todos  os cursos  do cole fixeron a súa aportación e  visitaron  aos nosos maiores na residencia de anciáns de TRIVES.

Disfrutaron dunha bonita xornada de intercambio interxeneracional,  unha xornada de música e teatro, na que houbo unha dramatización por parte deles e un pequeno concerto pola nosa e incluso cantamos panxoliñas xuntos. 

Por aquí os nenos de 1° a 4°.







Por aquí o alumnado de infantil con maiores de 5° e 6°.


Unha bonita experiencia na  que seguimos ano tras ano colaborando e que seguiremos ampliando con moitas outras actividades que nos enriquecen a todos e todas. 🌲

Deixamos por aquí as imaxes dos nosos nenos e nenas coas súas postais de Nadal que fixeron con moito cariño.



Grazas a Noa ,por prestarse sempre a colaborar e fortaleces os lazos da nosa cativada cos nosos maiores.



martes, 3 de diciembre de 2024

IGUALDADE,VIOLENCIA DE XENERO,CURSO24/25,orientación,ORIENTACION,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,COLABORACIÓNS,emocionate,


                                                            RESPECTO 

XÉNERO 

IGUALDADE

Ola familias ✨

Ao longo da pasada semana, realizamos os talleres de igualdade en relación al 25N, adaptando a tódolos niveis do centro. 

Visibilizamos o bo trato, a non violencia, respeto entre iguais e valores en inclusión e igualdade a través da creación das gafas de “TrivesVisión” e a análise crítica de diferentes situacions de desigualdade, exclusión, discriminación e faltas de respeto. 

#contraviolenciadexenero25N🪻

lunes, 17 de junio de 2024

EDUSAÚDE,EDUSAUDE,CURSO 23/24,ORIENTACION,orientación,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,EXCURSIONS,emocionate,

 FANTÁSTICO DÍA DE ACTIVIDADES EN CABEZA DE MANZANEDA!!

Hoxe foi un día súper divertido.

Moitas actividades e moi ben organizadas foron o eixe deste estupendo día al aire libre .

Divididos en tres grupos os nenos e nenas de primero a sexto curso disfrutaron dunha xornada lúdica, rocódromo, circuito de bicis, bike park, multi aventura, e slack line, e para rematar invitáronnos a xantar nas instalacións.

Foi un día redondo!

Por aquí deixamos vídeos desta xornada.







Grazas a Estación polas actividades e como non aos monitores e monitoras que estiveron con nós!

GRAZAS. A TEO, CLAUDIA E ANTÍA!!

lunes, 10 de junio de 2024

CURSO 23/24,GRADUACIÓNS,EDUCACION INFANTIL,Emociónate,emocionate,


 Un ano máis temos as graduacións dos cursos que rematan etapa.

Por un lado ,os peques de cinco anos deixarán atrás a etapa de educación infantil, unha etapa que seguro lembrarán sempre con moito cariño. 

E por outro lado, os nos@s maiores de sexto que rematan primaria e marchan ao instituto, comezando así unha nova etapa da súa vida.

Agardamos tanto uns coma outros disfruten desta despedida en compañía das súas familias e as súas mestras ,e lembren con cariño o seu paso, polo centro de primaria que en caso dos maiores, en nada  deixarán atrás.

Desexámosvos a todos moita sorte e felicidade na etapa que ides comezar

AGURIÑO!

COLABORACIÓNS,XOGOS,CURSO 23/24,EXCURSIONS,emocionate,MEDIO AMBIENTE,orienracion, EDUSAÚDE, DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, biblioteca dé Tololeo,

 Xornada de xogos e convivencia en Manzaneda....

Dia 3 de xuño  educación infantil e 1° EP

e  17 xuño resto de primaria.



Ola familias! 
Aquí tedes o resumo do ben que o pasamos na Estación de Montaña de Manzaneda, as nenas e nenos de Educación Infantil e 1º de Primaria. Invitáronnos á actividades de Rocódromo Indoor, Mini BTT / DH, Vivacs, SlackLine e xantamos no autoservizo da Estación de Manzaneda.

En entradas posteriores a mesma actividade co resto do alumnado.


sábado, 8 de junio de 2024

EDUCACIÓN RESPONSABLE,CURSO 23/24,Emociónate,emocionate,ORIENTACION,orientación,musica no cole,

CORO DAS EMOCIÓNS 

Dentro do PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE .
A cargo do noso profe de música Jose e o quinto curso de primaria.

Coro das emocións é un recurso educativo deseñado para desenvolver por medio do canto en grupo as competencias emocionais, sociais e creativas.

Así no lo contou o profe....

"Con motivo de estar inmersos no proxecto da fundación Botín e educación responsable, dende o departamento da música xogamos no coro das emocións. Este proxecto trata de traballar o instrumento innato no ser humano como é a voz...... pero dende outra perspectiva. Pois hoxe tocou pór o broche final a un ano de proxecto. Graciñas ao alumnado de 5 EP por participar neste proxecto e ser a cabeza visible do Ceip Manuel Bermúdez Couso no coro das emocións na Fundación Botín. 💕💕

Velaí o resultado tan bonito da actividade, interpretando

ARAM SAMsAM



                      Calypso
 


Aka i hana ( japan theme)




jueves, 30 de mayo de 2024

viernes, 24 de mayo de 2024

POLOS CREATIVOS,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,ADQUISICIÓNS,

 Hoxe coñecemos a Leotolda. 

Dende Polos Creativos achegámonos ao mundo máxico coa luz negra e a historia de Leotolda. 

Os nenos de primeiro, segundo e terceiro, logo de coñecela, decidiron darlle vida debuxándoa nun mural colaborativo onde as luces, cores e brillos nos deixaron abraiados.

Velaí boa mostra da actividade!