Obradoiros contra a violencia de género
En primaria.
Departamento de orientación
Que é a violencia?
2° ciclo
En breve subimos o resumo das experiencias nos distintos ciclos
En primaria.
Departamento de orientación
Que é a violencia?
2° ciclo
O alumnado de cuarto apartou por un chisquiño o seu libro de Antía Yáñez e aproveitou para disfrutar da lectura e visionado da maleta VIAXEIRA de ciencias que nos ofertou a asesoría de bibliotecas escolares.
E descubriron as posibilidades lectoras da súa exposición para o Congreso científico de montaña do mes de maio, con varios libros sobre a temática da que faltan...BICHOS E BICHOS...😃
Así chegamos á aula...
A nosa biblioteca está estés días a tope cos nosxs voluntarixs , organizando a decoración e axudando ao resto do alumnado a fabricar unhas grilandas de cores que decorarán a nosa Biblio .
Seguimos coa nosa lectura...
Disfrutando e con moitas ganas de saber mais de Derdrín, Raquel e as súas aventuras.
Rematamos de decorar a nosa libreta do club de lectura e avanzamos poñendo os datos do libro e creando a nosa versión do noso trasno protagonista...
Que aventuras nos deparará....
ARTS AND cRAFTS...
The forest is alive!
🌳✨
Tras o Magosto, os bosques de Trives cobraron vida. 🍂
Dende Arts and Crafts 5° e 6° puxémonos mans á obra para dar vida a uns seres moi especiais, creados a partir de elementos naturais que nos ofrecen os nosos bosque: piñas, paus, follas, castañas, carrabouxos…
Con imaxinación e creatividade estes materiais transformáronse en pequenos seres animados que parecen saír directamente do corazón do bosque.