Mostrando entradas con la etiqueta ARTS AND KRAFTS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARTS AND KRAFTS. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de noviembre de 2026

ARTS AND KRAFTS,CURSO 26/27,PLURILINGÜISMO,BIBLIOTECA CREATIVA,MEDIO AMBIENTE,

 

ARTS AND cRAFTS...

The forest is alive! 

🌳✨


Tras o Magosto, os bosques de Trives cobraron vida. 🍂


Dende Arts and Crafts 5° e 6° puxémonos mans á obra para dar vida a uns seres moi especiais, creados a partir de elementos naturais que nos ofrecen os nosos bosque: piñas, paus, follas, castañas, carrabouxos…


Con imaxinación e creatividade estes materiais transformáronse en pequenos seres animados que parecen saír directamente do corazón do bosque.






viernes, 20 de noviembre de 2026

ARTS AND KRAFTS,CURSO 26/27,PLURILINGÜISMO,Plurilingūismo,

 

ARTS AND KRAFTS


Colour Wheels 🎨


Nas últimas semanas, na clase de Arts and Crafts, estivemos xogando e experimentando coas cores primarias e descubrindo que cores podemos conseguir ao mesturalas.


Con moita curiosidade e creatividade, cada neno e nena elaborou a súa propia roda de cores. Unha vez listas, recortámolas e utilizámolas para decorar os nosos simpáticos "hedgehogs" de outono.  🍂🦔


Aquí algunhas imaxes de todo o proceso…




























viernes, 30 de octubre de 2026

ARTS AND KRAFTS,CURSO 26/27,SAMAÍN,HALLOWEEN,PLURILINGÜISMO,

 

Halloween Hats* 🎩🧙‍♀️

O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria estivo traballando no deseño e elaboración duns terroríficos sombreiros de Halloween. Desde a creación da estrutura ata os últimos detalles, seguiron todo o proceso para conseguir uns sombreiros moi orixinais.









Agora xa decoran o noso pasillo, enchendo o espazo dun ambiente moi especial para celebrar o Samaín.









ARTS AND KRAFTS,CURSO 26/27,SAMAÍN,HALLOWEEN,PLURILINGÜISMO,

 


Ghost Paintings 👻

O alumnado de 1.º e 2.º de Primaria leva varias semanas traballando con moita ilusión nestas creacións de Samaín. Reciclando materiais, recortando, pintando e deixando voar a súa imaxinación, deron vida a uns orixinais cadros de pantasmas.


No centro de cada obra atopamos un terrorífico fantasma que se converte no gran protagonista desta decoración, dando un toque arrepiante á entrada do noso corredor.















ARTS AND KRAFTS,CURSO 26/27,SAMAÍN,HALLOWEEN,PLURILINGÜISMO,

 Instant Ghosts 👻

En 4.º de Primaria apareceron pantasmas por sorpresa! Nun abrir e pechar de ollos, creamos estes divertidos fantasmas que xa están listos para asustar a todo o mundo.







Posta en escena...


O resultado



lunes, 26 de octubre de 2026

ARTS AND KRAFTS,CURSO 26/27, plurilingüismo,POLOS CREATIVOS,BIBLIOTECA CREATIVA,SAMAIN,HALLOWEEN,

 🦇 Cadros terroríficos! 🌙🎃


O alumnado de 3º de Primaria,, Arts and Crafts, deixou voar a imaxinación para crear uns cadros terroríficos cheos de morcegos e cunha gran lúa iluminando a noite. 🌕🦇

Entre sombras, cores e moita creatividade, deron vida a unhas auténticas escenas de Samaín.




jueves, 22 de octubre de 2026

ARTS AND KRAFTS,CURSO 26/27,SAMAÍN,HALLOWEEN,PLURILINGÜISMO,

 Ghost Heads 👻


Comezan as manualidades de Samaín na aula de Arts!


O alumnado de 4.º curso é o encargado de inaugurar esta serie de creacións terroríficas cunhas arrepiantes cabezas de pantasma, elaboradas con moito esmero e creatividade.









O resultado non pode ser máis espectacular! 
Unhas cabezas fantasmagóricas que achegan un toque terrorífico e moi orixinal a os pasillos do noso cole.



jueves, 24 de septiembre de 2026

ARTS AND KRAFTS, CURSO 25/26



🏫 Back to School 🌟

Os alumnos de 1º xa descubriron a súa aula de Arts and Crafts.

 Pouco a pouco, e con moita ilusión, deron os seus primeiros pasos nesta nova aventura creativa realizando unha pequena manualidade✂️🔖