Mostrando entradas con la etiqueta POESIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESIA. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de abril de 2026

TOLOLEO READERS CLUB,CLUB DE LECTURA,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,POESIA,

 

No clube de lectura ...

Empezamos coa poesía 


O alumnado comeza con poemas e trabalinguas do libro.

Poemas

Unha nova dimensión 

 Autor Anxo Iglesias 

Ilustradora María

Lemos , recitamos e entoamos




Despois de ler poemas do libro de Anxo Iglesias
Probamos a facer os nosos poemas en pequenos grupos


para ser os primeiros non estan mal, pero seguiremos practicando , lendo e creando

martes, 16 de abril de 2024

DIA DO LIBRO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,TEATRO,POESIA,CONTACONTOS,VOLUNTARIADO,CURSO 23/24,EXPOSICIONS,

 Semana de celebración, 

Polo día do libro,

Do 22 ao 26 de abril!


Intercambio de libros durante a semana na entrada do colexio.

Para poder intercambiar deberedes traer un libro do que non vos importe desprendervos e poderedes cambialo por outro que atopedes nas mesas que estarán  na entrada.l

O libro que traiades , na semana do 15 ao 19, entregádeo á vosa/o titor/a e eles vós darán un ticket para poder coller outro que queirades


. 

Se durante a semana o ledes e queredes volver a intercambiar  por outro seguiredes o mesmo proceso.

Importante, os libros que entreguedes  pasan a ser opcionais para todos

II Certame de poesía,  teatro  e narración oral

Cada grupos de nenos e nenas contribuirá con unha ou varias actuacions que representarán ao resto do alumnado, previsiblemente nos días 25 e 26 de abril.


Durante toda a semana haberá recunchos de lectura por todo o cole, aproveitaos para disfrutar da lectura

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

 



miércoles, 28 de febrero de 2024

Dia de Rosalía,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,BIBLIOTECA CREATIVA,COLABORACIÓNS,POESIA,


23 de febreiro

Polo día de   ROSALÍA
Voltamos ás prazas do pobo!

POEMAS da autora  DRAMATIZADOS OU RECITADOS polo noso alumnado!!


POSPOÑEMOS! 
Avisaremos cando saiamos a recitar con antelación   !!
 A NEVE VEU A VISITARNOS!




 

jueves, 22 de febrero de 2024

Dia de Rosalía,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,dia da lingua materna,POESIA,Biblioteca de tololeo,RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,EDUCACIÓN INFANTIL,



EMISIÓN RADIO PINGUEIRA
DÍA DE ROSALÍA

Pol@s peques do cole!
Os nenos e nenas de INFANTIL  deixannos este podcast cargado de emotividade falando da nosa gran Rosalía de Castro, ata nos cantan un pedaciño de Adiós ríos adiós fontes..🎶



Premede no logo da Radio e escoitadeos,  @s nos@s peques nunca defraudan!!
 





lunes, 29 de enero de 2024

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,CURSO 23/24,Biblioteca de tololeo,BIBLIOTECA CREATIVA,PAZ,POESIA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 EMISION RADIO PINGUEIRA



POEMA POLA PAZ

Os nenos e nenas de segundo estiveron pola emisora de Radio Pingueira , dedicáronnos uns minutiños e recitaron un poema sobre a importancia da Paz e os seus "sabores"

Preme no enlace para escoitar !






viernes, 26 de enero de 2024

domingo, 16 de abril de 2023

miércoles, 16 de noviembre de 2022

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,PLURILINGÜISMO,Biblioteca de tololeo,POESIA,CURSO 22/23

 Emisións Radio Pingueira

Radio na biblio.

Nesta ocasión temos aos pequenos e pequenas de primeiro de primaria , que nos recitan unha poesía  de Halloween....

in english  of course!!!

Non deixedes de escoitar  a est@s  simpátic@s  locutor@s.





martes, 26 de abril de 2022

Dia do libro, PRoXECtO camiño de Santiago, poesía, breakout educativo, biblioteca de Tololeo

 Polo día...

Pola semana do libro 2022 @s nen@s de primeiro levaron a cabo diferentes actividades..

Percorreron o seu particular camiño dos libros... Acompañados dos bolechas e cuxo obxectivo era chegar ao libro que nos traen os Balbinos do English Way...

Recitaron un poema sobre Miguel de Cervantes Saavedra e a súa obra ben coñecida por tod@s, Don Quixote!



E están lendo un libro plurilingüe sobre o camiño inglés e vannos contár  cousiñas do camiño  na Radio xunto cos seus compañeiros peregrinos de segundo de primaria.

lunes, 7 de marzo de 2022

viernes, 18 de febrero de 2022

Día de Rosalía, dinamización lingüística, biblioteca creativa, poesia

 


PENSAMENTOS ...

 PENSAMENTOS DE ROSALÍA...

 Achégase o día da nosa querida Rosalía, e un ano máis  ,dende  o cole,  queremos homenaxeala  debuxando, creando, recitando ou cantando.. por iso ao longo da semana  iremos subindo as actividades que  vaian chegando e compartindoas con todos e todas.

Por certo , sabedes cal era a flor preferida da nosa escritora universal... os pensamentos, por iso este ano imos encher  de pensamentos os nosos corredores , dos pensamentos  de  Rosalía.





23 de  febreiro  , Día  de Rosalía de Castro 

domingo, 30 de enero de 2022

Poesía,paz,colaboracions,dias de familia


POEMAS pola Paz
Poemas  en FAMILIA

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia 2022
Iremos subindo a medida que vaian chegando.
Geazas!
Ángel e Brais de 1°

Óscar 2° e Jorge  EI 3 anos, xunto co seu pai e a súa nai envíannos a súa aportación para o día da Paz. 
Geazas familia!!

Enzo de 1° fainos chegar a súa bonita mensaxe de paz coa súa familia.

Pois xa temos unha nova achega, a profe Marisol conseu peque Javobo deixánnos unha poesia acompañadada de tradición do noso. 
Experiencias que gustan.

Seguimos recibindo as vosas mensaxes neste día pola Paz, É agora Adrián de 2°  xunto coa súa familia que nos transmite os seus desexos para un mundo mellor.

Adrián de 1° deixanos o seu bonito poema recitado coa súa nai.

Estrenamonos con  4°  de primaria, Deva deixanos a súa mensaxe pola Paz.

Tócalle o turno a Irixa de 1° que xunto aos seus pais nos recita o seu poema.

Éric de 1° moi ben acompañado pola súa irmá Zoe deixánnos a súa aportación.




 

martes, 25 de enero de 2022

Poesia, Familia, Paz

 Como sabedes o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR pola PAZ e a NON VIOLENCIA, e para conmemorala fixemos un mural sobre o noso proxecto e os camiños da PAZ.

Ademais doutras actividades que iremos subindo ,convidámosvos a participar nun recitado de poesía en familia.

Buscade un  pequeno poema sobre a Paz ou valores que vos guste,( podedes buscar na internet) recitádeo na casa cos vos@s pais ou nais, tío, tía, primo, prima.... e enviade a grabación  ( vídeo) ao voso titor ou titora.

Dende Biblioteca subiremos todas esas mensaxes portadoras de Paz.

Graciñas pola vosa colaboración!!

A todas as  familias do noso alumnado .

Biblioteca de Tololeo


viernes, 7 de mayo de 2021

POESÍA. Dinamización lingüística. Segundo de primaria

 POESÍA

Seguimos lendo...

Seguimos recitando...

Seguimos disfrutando...

             BICHIÑOS CON OFICIO,

polos nen@s de segundo.



lunes, 26 de abril de 2021

DÍA do libro. Poesía. Colaboracións.

Seguimos celebrando un día tan especial, porque para ler non hai só un día, senón toda a vida.

 E aquí temos aos pequenos e pequenas de primeiro de primaria que nos traen un recital de poesía ben simpático para conmemorar o Día do libro.

Deixámosvos con

 Don Quijote e Sancho Panza.