Mostrando entradas con la etiqueta teas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teas. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de junio de 2018

Un mundo de teas: proxecto documental integrado sobre a orixe das teas.

Proxecto Documental Integrado que se centrou no descubrimento da orixe dalgunhas teas. Este pretendeu achegar ó alumnado ó coñecemento de distintas materias primas e ó proceso e tratamento que seguen para converterse finalmente en teas. A técnica do audiovisual creado polo alumnado de 6º de Educación Primaria é a de stop motion.






Salientar que estes dous audiovisuais están interrelacionados con parte do proxecto das teas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega co proxecto de viaxar a diferentes lugares do mundo do Equipo da Biblioteca escolar e co proxecto de creación de audiovisuais coa técnica de croma e stop motion do Equipo do PFPP.  




lunes, 5 de febrero de 2018

Convivencia intercentros: aprendendo cos teares no colexio de A Veiga

O xoves pasado foi un día importante no cal fomos quen de aprender cos teares, a calceta, o ganchillo,.. como se poden crear prendas de roupa, complementos,.. utilizando liño, lá natural,... 
Tamén tivemos a oportunidade de ser deseñadores/as de moda creando os nosos propios bocetos de prendas de vestir e incluso aprendemos a reciclar material de refugallo dándolle un novo uso e texendo coas propias mans. Xunto con todo isto tamén xogamos a xogos interxeracionais como á billarda e ós birlos. E todo grazas ó equipo de profesorado, familias, alumnado e persoas voluntarias que participaron activamente na creación e desenvolvemento destes obradoiros por parte do C.E.I.P. Eduardo Ávila Bustillo en A Veiga, facendo unha especial mención do profesor Jorge de Educación Física que tivemos con nós o ano pasado. Grazas por esta convivencia intercentros! Esperamos repetir!

 





martes, 30 de enero de 2018

Croma 6º de Educación Primaria: As teas de Perú e Marrocos







Salientar que este audiovisual está interrelacionado con parte do proxecto das teas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega co proxecto de viaxar a diferentes lugares do mundo do Equipo da Biblioteca escolar e co proxecto de creación de audiovisuais coa técnica de croma e stop motion do Equipo do PFPP.