Mostrando entradas con la etiqueta ITINERARIOS LECTORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ITINERARIOS LECTORES. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de marzo de 2024

EDUCACIÓN RESPONSABLE,CURSO 23/24,LECTURAS,ITINERARIOS LECTORES,Emociónate,teatro

 


Rematamos a lectura de 
NANA EN EL TEJADO...
E empezamos a improvisar unha historia
improvisar unha historia paralela na que deixamos un final aberto que deciden eles..
Continuidade a unha historia que nos chega, unha historia que lles pide xogar, crear e imaxinar.


Momentos do final da lectura...
Momentos nos que eles achéganse a ver , a ler, a coñecer cos seus propios ollos o que ocurre na historia , pero tamén a facer finais alternativos, novas historias, e novos finais...
Momentos creativos...





miércoles, 14 de junio de 2023

domingo, 5 de diciembre de 2021

Itinerarios lectores, dinamización lingüística

ITINERARIOS LECTORES
Lendo , descubrindo e aprendendo..
Os nenos e nenas de 3° leron este trimestre en lingua galega NEKO, de Eva Mejuto. Que trata unha problemática interesante e necesaria.
Seica lles gustou moito!


 



viernes, 26 de febrero de 2021

EDUCACION INFANTIL 5 anos.

 PROXECTO LEO LEO CON TOLOLEO...

Decembro

Soan panxoliñas, chegou decembro, chegou Nadal, días de reunións coas familias, días de amor, de compartir bicos e apertas... 

 E contamos

            A caixa dos bicos 

    (la caja de los besos)


EDUCACIÓN INFANTIL 5 anos.

 PROXECTO LEO LEO CON TOLOLEO.

Os nen@s de 5 anos seguen coas lecturas, aínda que publicamos con retraso , esto foi do mes de novembro.

Comemos castañas asadas e lemos o conto

"A castaña Catarina"


Dende os primeiros brotes ata estar preparados para viaxar ao souto, e convertirse asi en fermosos castiñeiros.

Xa están listos para  medrar por sí sos na natureza!
Bo traballo!


viernes, 5 de febrero de 2021

ITINERARIOS LECTORES. Proxecto Camiño de Santiago. Voluntariado.

Os nosos maiores anda na lectura do libro FORMI4S. MISIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO.
Aquí os vemos na nosa biblio inmersos na misión.. que agardará a lectura?



 

lunes, 21 de diciembre de 2020

ITINERARIOS LECTORES. 2°EP

 Os nen@s de 2°EP leron , contaron e viaxaron con Ana durante este trimestre. 

        O libro elexido foi  

O TREN DOS MISTERIOS. 

Do autor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

Dentro das xeografías lectoras, lema deste ano das BIBLIOTECAS ESCOLARES, descubriron a maxia dos libros para poder soñar e viaxar.




Con Ana visitaron París, India, Perú, Canadá e lugares de África, achegándose  ao coñecemento de singularidades deses lugares.

E adiviña tras adiviña, caixiña tras caixiña remataron o libro.

Aquí vos deixamos  opinións  do seu traballo .






lunes, 8 de junio de 2020

MEDIO AMBIENTE. ITINERARIOS LECTORES. #QUEDANACASA#TODOSAIRABEN


Últimas semanas de curso e última actividade lectora conxunta dos nen@s de primeiro.
A través da lectura do "Castiñeiro dos desexos" achegáronse ao coñecemento de lugares e tradicións próximas a nós, como o castelo de Maceda ou Castro Caldelas, festas como os Fachóns, monumentos naturais como o castiñeiro de Pumbariños e souto de Rozabales...a Vía Nova e algúns números romanos
Tamén pescudaron sobre a mitoloxía e xa saben quenes son Anna Perena e Tifeo...

Aquí vos deixamos as  súas explicacións     



Nesta semana seguirán pescudando...ata rematar esta historia en torno a unha árbore milenaria.







martes, 26 de mayo de 2020

ITINERARIOS LECTORES#QUEDANACASA#TODOSAIRABEN


Este ano , dentro das lecturas programadas, os nen@s de primeiro leron : CONEXIÓN MACARRÓN (LEDICIA COSTAS), O LAPIS DE ROSALÍA (ANTÓN CORTIZAS), NUBE DE CORES E FELIZ FEROZ (HEMATOCRÍTICO)
Aquí vos deixan os seus  debuxos e os pequenos resumos dos mesmos


jueves, 27 de junio de 2019


Hoxe tivemos a gran sorte de recibir a visita de Daniel Vázquez,  escritor e mestre, autor de ORBALLO DA MAÑÁ, libro que os nen@s de sexto leron neste trimestre.

MOITÍSIMAS GRAZAS DANIEL!!!








martes, 12 de febrero de 2019

Os nenos e nenas de 4 anos e os seus contos!


Os nenos e nenas de  5 anos  traballaron o libro " Lúa, lúa lúa", coa súa titora  e a mestra de audición e linguaxe... e  cantáronnola así de ben empregando a súa voz e a linguaxe de  signos.
Ensináronlles   aos nenos e nenas de sexto  como se facía.. e pasáronno moi ben todos xuntos, só tedes que velo.
PARABÉNS POLO BO TRABALLO

miércoles, 6 de febrero de 2019



Os nen@s de  5 anos  preséntannos o seu libro viaxeiro... estes son os tres primeiros  en contar o súa  historia... pero estade moi atentos porque continuará....

e con eles seguimos viaxando  pola CHINA!!!

domingo, 27 de enero de 2019




O 27 de xaneiro  de 1945  as tropas soviéticas liberaron o campo de concentración nazi  AUSCHWITHZ- BIRKENAU.. Milleiros de persoas foron liberadas da barbarie...

Os nen@s de  sexto achegámonos   ao coñecemento  desta parte da historia que non debemos esquecer para   non repetila, a través da historia de Bruno y SHmuel...dous nenos coma nós. .

Lendo  "O neno do pixama de raias" comprendemos un pouquiño máis  a capacidade do ser humano para cambiar o mundo. para ben  ou para mal, e nós somos  parte  dese cambio .

            27 DE XANEIRO.  
    DÍA INTERNACIONAL  DE CONMEMORACIÓN 
   NA MEMORIA  DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO.