Mostrando entradas con la etiqueta curso25/26. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso25/26. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de junio de 2026

PROXECTO OFICIOS AMBULANTES,curso25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,ENTREVISTAS,COLABORACIÓNS,Biblioteca de tololeo,


PROXECTO OFICIOS AMBULANTES 


 Rematando actividades relacionadas co  PROXECTO sobre o AFIADOR.
Todo o alumnado do cole contará cunha charla sobre o funcionamiento da roda de afiar e a súa construcción.

Para elo contamos coa presenza do Sr Ovidio, antigo conserxe do cole e co alumnado e profesorado do segundo ciclo.

Luns 8 na biblioteca de Tololeo!








martes, 10 de marzo de 2026

EXCURSIONS,TEATRO,CURSO25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

Saída ao auditorio 


O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO  ASISTIU A UNHA REPRESENTACIÓN NO AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE , 
A OBRA  TITULADA
MAIS SABOR

ONDE MESTURAN  GASTRONOMÍA,  MÚSICA E  MAXIA







A CONTINUACIÓN VISITARON O  XARDÍN BOTÁNICO DE OURENSE.



Seguimos...
Panorámica dende o  banco de Ourense 


Explicándonos as especies arbóreas...






O invernadeiro




XORNADA COMPLETA !

viernes, 6 de febrero de 2026

TOLOLEO READERS CLUB,CURSO 25/26,CLUB DE LECTURA,curso25/26,CLUB DE LECTURA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,




TOLOLEO READERS CLUB 
CLUB DE LECTURA 


 

Seguimos lendo..

Seguimos lendo en galego..

E seguimos con autores galegos..


Desta volta os nenos e nenas de terceiro van comezar coa lectura de 

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, 

NO CORAZÓN DO BOSQUE.

Veremos ata onde nos leva a lectura...irémosvos contando...


(O resto dos cursos están preparando novas lecturas.. en breve vos contamos)

viernes, 30 de enero de 2026

PAZ,COLABORACIÓNS,curso25/26,ARTS AND KRAFTS,musica no cole,



Polo día da Paz....
 2026

O  alumnado  do cole celebrou hoxe o día da PAZ.
Unha  bonita pomba decorada con plumas multicolor.
Viva a diversidade!!



E unha canción  ben bonita


 

viernes, 21 de noviembre de 2025

VIOLENCIA DE XENERO,IGUALDADE,CURSO 25/26,COLABORACIONS,ANPA,curso25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,



Polo 25 de novembro 
Día contra a violencia de xenero
Pola igualdade
Polo respecto

A nosa rapazada acompañados das súas  familias poderá disfrutar do concerto - teatro 

ORGANIZADO POLA  ANPA do CEIP PLURILINGÜE MANUEL BERMÚDEZ COUSO, e en colaboración co CONCELLO, 



En galego
Música, teatro e clown.
Para todos os públicos.













 

miércoles, 12 de noviembre de 2025

ORIENTACION,IGUALDADE,curso25/26,obradoiros,Emociónate,CONVIVENCIA,Biblioteca de tololeo,biblioteca inclusiva,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 Mes da igualdade..

Obradoiros de Habilidades Sociais de 4º de Primaria 

7 de novembro


Seguindo as actividades de Orientación,
dentro do Plan de Benestar e Plan de Convivencia, lévanse a cabo obradoiros  de HABILIDADES SOCIAIS, en cada aula.

Nesta ocasión o alumnado de 4º de primaria estivo nunha " INUNDACIÓN"!
Dentro do vídeo explicamos en que consistiu a actividade e a dinámica que realizamos. "



PATIOS DINÁMICOS NO COLE,curso25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,


 O luns 27 e mércores 29 de novembro.... 

Na aula de polos e na biblioteca de Tololeo..

PATIOS DINÁMICOS no recreo... Polo Samaín...

 Divertidísimos obradoiros !!

Nestes días viñeron a divertirse co Slime e Donuts Monstruosos, os cursos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Primaria!
Patios terroríficamente Divertidos! :) "


Haberá máis ... 


lunes, 20 de octubre de 2025

Dia da biblioteca,curso25/26,Biblioteca de tololeo,

 



24 DE OUTUBRO

DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS  2025



CONTRA A DESINFORMACIÓN ....  As bibliotecas procuran medios ao alcance de todos para  investigar, contrastar e coñecer...


Coñeces por que empezou a celebrarse  este día...  non deixes de escoitar  a nosa Radio Pingueira , ano tras ano  lembramos o por que , e tamén a importancia  das mesmas para todos e todas.

Dende o ano  1997  vense a celebrar esta data e nós dende a nosa biblioteca tamén  o faremos cunha exposición de libros de consulta , de información  que poderedes ver no noso corredor .


 tamén  íamos ter un obradoiro de investigación de fake news para a semana da prensa

Prorrogado... O Samaín vén forte...


E non esquezades que no patio de lecer teremos lecturas compartidas coma sempre.

Haberá recunchos habilitados .

Disfrutade un ano máis das vosas lecturas.


AGARDÁMOSVOS

Non deixedes de visitar as bibliotecas sempre que poidades..


Lembranzas da destrucion da biblioteca de Sarajevo consecuencia dunha guerra, desas que nunca deberon existir..