Mostrando entradas con la etiqueta AULA STEM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AULA STEM. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de abril de 2025

CONGRESO CIENTIFICO,CLUB DE CIENCIA,CURSO24/25,AULA STEM,BIBLIOTECA CREATIVA,POLOS CREATIVOS,

 Na aula de Polos...e

Na biblioteca ...

O segundo ciclo xa están a punto os prototipos para o congreso científico.

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto en equipo, construíron prototipos que explicarán por parellas no congreso.

Polo de agora ultimando detalles para dita exposición e solucionando cuestións que se lles presentan na súa fabricación.

Momentos da aprendizaxe e elaboración ...

Momentos da preparación da exposición...





CONGRESO CIENTIFICO,CLUB DE CIENCIA,CURSO24/25,AULA STEM,BIBLIOTECA CREATIVA,EDUCACION INFANTIL,EDUCACIÓN INFANTIL,POLOS CREATIVOS,

 Na aula de polos...


Os nenos e nenas de infantil e de primeiro ciclo achegaronse ás aproximacións, medicións e programación a través desta proposta que combina o emprego do robot de chan xunto coas pezas Kapla!

Botade un ollo para ver como controlan!




CONGRESO CIENTIFICO,CURSO24/25,POLOS CREATIVOS,AULA STEM,VOLUNTARIADO.,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,CLUB DE CIENCIA,

 Hoxe a aula de Polos botaba fume!


Os nenxs de quinto e sexto estiveron dandolle caña aos seus proxectos para o Congreso Científico da Montaña

En quinto seguen co seu panel interactivo sobre as fontes: estañando cables, facendo carteis para as fontes, deseñando un panel interactivo en scratch, ordeando informacion, empregando a cortadora laser…

Mentres, os de sexto progresan co seu volcan en erupcion, coa sua estacion de montaña con telesilla mecanico e personaxes interactivas, co seu xogo de adiviñanzas con microscopio e co tren intelixente, cun gran traballo de impresion 3D

Vaia rapaces traballadores, da gusto!

Ollade!



miércoles, 12 de marzo de 2025

POLOS CREATIVOS,CURSO24/25,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,AULA STEM,obradoiros,

 Obradoiro de Scratch 

En polos+ biblioteca 

Segundo ciclo

Con Eva e con Sara

Despois dunha charla ben amena sobre a creación de videoxogos e a programación, creamos as nosas  mascotas en plastilina  e  o noso xogo con elas en Scratch para posteriormente escanear unha mascota.

Unha xornada de polos ben creativa e divertida!!!




sábado, 15 de febrero de 2025

EDUCACION INFANTIL,CURSO 23/24,COLABORACIÓNS,BREAKOUT EDUCATIVO,POLOS CREATIVOS,AULA STEM,

 Novo robot, 

Photon IA 

aterriza en Infantil


A semana pasada forons os máis peques do cole os que coñeceron ao noso novo robot, ao que bautizaron como Estrela

Hoxe tocoulles aos nenos e nenas de 5 anos presentarse con el. 

Velaquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron hoxe en Polos!



jueves, 30 de enero de 2025

POLOS CREATIVOS,AULA STEM,CLUB DE CIENCIA,BIBLIOTECA CREATIVA,CURSO24/25,IA,


Esta pasando
 Na aula
 de
 Polos Creativos


 En quinto e sexto achegámonos as vantaxes e perigos da intelixencia artificial

Coñecémola e experimentamos con ela

Incluso a entrenamos!



martes, 21 de enero de 2025

EDUCACION INFANTIL,EDUCACIÓN INFANTIL,POLOS CREATIVOS,CURSO24/25,AULA STEM, BIBLIOTECA CREATIVA




Os maiores de educación infantil
Coñeceron novas ferramentas de construcción nas que traballar a motricidade fina e a creatividade

KORBO 
STEAM e Construccións


 Os nen@s de 5 anos experimentan e coas novas ferramentas de aprendizaxe e crean ás súas propias construcción.

Aprendemos xogando!!

martes, 5 de noviembre de 2024

POLOS CREATIVOS,CURSO24/25,BIBLIOTECA CREATIVA,AULA STEM biblioteca de Tololeo, DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,


 Na aula de POLOS pasan cousas coma estas...

Trasladamos as historias dos contos a un nuevo formato coas tablets , SCRATCH JR

Hoxe tocoulle aos peques de segundo e ao conto

 Corre Corre Cabaciña

Momentos de aprendizaxe. Momentos de lecer

 

POLOS CREATIVOS,AULA STEM,CURSO24/25,BIBLIOTECA CREATIVA biblioteca de TOLOLEO,

 As pezas de construción Kapla.

Na biblioteca de TOLOLEO 

 Estes bloques de madeira, sinxelos pero versátiles, favorecen o desenvolvemento de diversas habilidades, desde a creatividade ata a concentración e o traballo en equipo. 

Algúns dos seus beneficios poderían ser:

1. Desenvolvemento da motricidade fina: Manipular as pezas Kapla require precisión e coidado, o que axuda aos nenos a mellorar a súa coordinación man-ollo e a destreza nos movementos pequenos. Isto é fundamental para actividades como a escritura e outras tarefas escolares que esixen control manual.

2. Estimulación da creatividade e imaxinación: As pezas de Kapla permiten crear infinidade de estruturas e formas. Os nenos e nenas poden deixar voar a súa imaxinación, desenvolvendo a súa capacidade para crear desde estruturas básicas ata construcións máis complexas.

3. Potenciación do pensamento lóxico e espacial: Para realizar construcións estables, os nenos deben comprender conceptos básicos de equilibrio, simetría e proporción. Isto reforza o pensamento lóxico e espacial, habilidades importantes para a aprendizaxe de matemáticas, xeometría e ciencias.

4. Fomento da paciencia e da perseveranza: Construír con Kapla esixe tempo, coidado e atención. Moitas veces as estruturas caen e deben ser reconstruídas, o que ensina ás crianzas a ser pacientes e a non desistir ante as dificultades.

5. Mellora da concentración: Os nenos, ao centrarse na creación de estruturas e detalles, desenvolven a súa capacidade de concentración, algo fundamental para mellorar o rendemento en actividades escolares.

6. Traballo en equipo e habilidades sociais: Moitas veces, os nenos traballan en grupo para construír proxectos conxuntos. Isto fomenta o traballo en equipo, a comunicación e a capacidade de colaborar para acadar un obxectivo común, habilidades que son valiosas tanto na escola como na vida cotiá.

7. Autoestima e satisfacción persoal: Conseguir rematar unha construción complexa proporciona aos nenos unha gran satisfacción e sentimento de logro. Este tipo de actividades reforza a súa autoestima e anímanos a asumir novos retos.

En resumo, o uso das pezas Kapla no traballo con nenos e nenas en Primaria contribúe de maneira integral ao desenvolvemento das súas habilidades físicas, cognitivas e sociais, converténdose nun recurso educativo moi valioso para educadores e pais.





miércoles, 16 de octubre de 2024

POLOS CREATIVOS,CURSO24/25,BIBLIOTECA CREATIVA,PLURILINGÜISMO,AULA STEM,

 

Polos creativos en marcha...



alumnado de primaria xa tomou TERRA con EUREKA.

Comezan repasando CONCEPTOS BÁSICOS para manexar os ordenadores  ou tabletas portátiles.

Porto, USB, teclado, rato, Pad, atallo, aplicativos, carpeta, jpg, png,... Cousiñas que convén ter claras para manexarlos de forma efectiva...

E coñecer esa nomenclatura en inglés tamén é moi importante... Coñecédelas??



POLOS CREATIVOS,CURSO24/25,EDUCACIÓN INFANTIL,AULA STEM,BIBLIOTECA CREATIVA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,




POLOS CREATIVOS
 EN MARCHA...

EDUCACIÓN INFANTIL 



 Os nenos e nenas de educación infantil van estrenándose na aula de POLOS CREATIVOS, facendo actividades que lles gustan e coas que aprenden!

jueves, 2 de mayo de 2024

BIBLIOTECA CREATIVA,CURSO 23/24,POLOS CREATIVOS,CLUB DE CIENCIA,AULA STEM,

 

BIBLIOTECA CREATIVA 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E PENSAMENTO COMPUTACIÓNAL

3-5-2024 

 grupos mixtos dos cursos 3°,4°,5°e 6° .

Equipos 

ESCORNA- PIRATAS

    ESCORNA-AUGA


Resumo da  estupenda xornada de formación...




miércoles, 20 de marzo de 2024

CLUB DE CIENCIA,POLOS CREATIVOS,AULA STEM,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,BIBLIOTECA CREATIVA,Biblioteca de tololeo,COLABORACIÓNS,


 Venres de Polos con EUREKA! 

Esta semana foi a quenda dos maiores, ademais de ir adiantando traballo para os regaliños do día do pai 🤪, continuamos traballando e mellorando a nosa competencia dixital, a traves de xogos que operan co pensamento computacional, como Blockly ou Compute it, e programando de xeito creativo a nosa Microbit. Logo, tamen empregamos o novo Kit Nezha, que utiliza as construcións de Lego para crear proxectos que logo darán vida cargándolle un programa a través da Microbit. 
 Neste proceso de aprendixaze a imaxinación e a creación de materiais non ten límites! 

Seguimos! 🤪🤪



lunes, 11 de marzo de 2024

CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,POLOS CREATIVOS,AULA STEM,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, COLABORACIÓNS ,Biblioteca de tololeo,


 Coñecedes xa a nosa nova mascota de POLOS CREATIVOS???
Arquímedes
O erudito grego Arquímedes dándose un baño  averiguou como calcular o volume e  a densidade. ..
Nos momentos máis emblemáticos da historia da ciencia nos que se «encenderon lámpadas». Ou, como dixo Arquímedes cando tivo  a  súa idea: «¡Eureka!»

EUREKA!!! 



Ese é o seu nome

Pois a investigar. E descubrir

E. A ver se a atopades por algures..que é moi escurridiza...

viernes, 8 de marzo de 2024

POLOS CREATIVOS,CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,AULA STEM,

 Este venres programamos con Scratch Jr no primeiro ciclo. 

Isto vai vento en popa!

A nosa competencia dixital medra a grandes pasos, o que lles permitirá crear grandes proxectos no futuro a estes rapaces e rapazas!






lunes, 19 de febrero de 2024

POLOS CREATIVOS,CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,ESCORNABOTS,AULA STEM,COLABORACIÓNS,

 Novo venres de Polos!

Esta semana os máis pequenos achegaronse aos circuitos en papel facendo uns brazaletes chulísimos con luces led. 

Os nenos e nenas de primeiro seguiron a traballar con scratch e a desenvolver o seu pensamento computacional xogando, creando tableiros e fedellando cos mbots e cos escornabots

Cada día a nosa competencia dixital vai máis aló!







domingo, 18 de febrero de 2024

CURSO 23/24,PROXECTO SAÚDE,COLABORACIONS,POLOS CREATIVOS,AULA STEM,BIBLIOTECA CREATIVA,



OBRADOIRO BIO SAUDABLE
O VALOR DOS PRODUCTOS ECOLÓXICOS.

Dende o proxecto EduSaude  decidimos achegar aos nosos nenos e nenas a unha alimentación mais equilibrada e saudable a través do programa EducaBio de Ecovalia.
Os nenos de terceiro e cuarto tivemos unha formación via online coa que coñecemos o que son os alimentos ecolóxicos e as súas vantaxes na nosa dieta.
Esta é a primeira parte da actividade, onde xogamos e aprendemos.
Nos proximos días chegaranos ao centro diferentes alimentos ecolóxicos que organizaremos, analizaremos e tamén probaremos!
Somos o que comemos! 
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto teñeno claro!

.

E ti, recoñeces a EUROHOJA?





  E para rematar obradoiro, recibimos uns packs de produtos ECOLÓXICOS que consumimos o venres para almorzar.

 Ademáis levamos unha bolsiña cada un para amosarllo ás familias.