Mostrando entradas con la etiqueta reflexarte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reflexarte. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de mayo de 2026

EDUCACIÓN RESPONSABLE,reflexarte,CURSO 25/26,COLABORACIÓNS,MEDIO AMBIENTE,

EDUCACIÓN RESPONSABLE 



REFLEXARTE 

 Dada a situación  acontecida nos nosos montes e bosques neste verán, e o seu grave impacto na nosa zona.  Pareceunos importante responder á pregunta que facilitaba a actividade 

Que elemento natural da nosa contorna próxima esta en risco de desaparecer e como podemos contribuír a salvar ou restauralo?

Os incendios, foron devastadores; todo o noso alumnado viviu situacións complicadas en relación aos incendios, por elo cremos que realizar a actividade en relación a esta temática era importante.

O proceso, o incendio e repoboación tamén a fixo posteriomente  o alumnado do centro ; e axudáronnos a crear a performance

A performance, simboliza a evolución dos bosques, antes, durante e despois dos incendios. 

Nunha primeira escena amósanse as árbores, sans e vivos. Seguidamente dun incendio devastador que arrasou con todo. 

Finalmente, voluntarios, coidando o bosque, e repoboando así mesmo, restaurando aquelo que se queimou.




lunes, 2 de junio de 2025

EDUCACIÓN RESPONSABLE,reflexarte,CURSO24/25,ORIENTACION,Biblioteca de tololeo

 REFLEXARTE


Como explica a Fundación Botín no seu portal educativo reflexarte é un recurso educativo que promove o desenvolvemento emocional, cognitivo, social e creativo do alumnado. 
Propón xerar espazos creativos e de reflexión, combinado cun grado de autonomia e forza.

Neste curso, se centrou no proxecto SHIMABUKU, onde un dos obxectivos creativos consiste en crear xoguetes para seres non humanos. Como no anterior curso, as actividades están divididas en antes-durante-despois.

As nenas/os, tiñan que investigar en casa e   na natureza ,a que ser non humano lle crearían un xoguete. Para elo tiñan que observalo e coñecelo para saber que facía, que comía, por que medio se desprazaba, que lle gustaba, a que lle tiña medo, entre outras. Facían unha foto e o pegaban na súa ficha de exploración, conxuntamente respondendo a diferentes preguntas que se lle facían

A semana previa á etapa 3, as nenas/os foron decidindo que xoguetes ían crear e con que material lle gustaría facelo. Pedimos colaboración ás familias e as profes tamén trouxemos diferentes materias para os xoguetes que ían crear.
No momento da elaboración, distribuímos o material, no centro da aula e elas/eles tiñan a liberdade de ir collendo aqueles materiais cos que querían crear o xoguete. Foron moi creativos! E a verdade é que a motivación era moi alta, xa que moitos deles teñan máis ideas para seguir creando xoguetes.

PREMEDE NO QR PARA DISFRUTAR DA ACTIVIDADE!