VENRES DE POLOS TERRORÍFICOS⚡🎃
Hoxe vivimos no cole unha xornada máis dos nosos Venres de Polos.
*⚡ Debuxos que cobran vida*!
O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou nun obradoiro electrizante no que deu os seus primeiros pasos no mundo dos circuítos eléctricos.
Con eles, conseguiron iluminar os seus debuxos de Samaín, combinando creatividade , ciencia e moita ilusión.
💻 ImaxinaNdo en 3D
O alumnado de 5º de Primaria comezou a explorar o fascinante mundo do deseño en tres dimensións empregando Tinkercad, unha ferramenta dixital que lle permitirá crear os seus propios deseños e dar forma a novas ideas de cara aos próximos proxectos.
🧪 Monstros, mesturas e escuma de medo!
E en Infantil gozamos dunha tarde monstruosamente divertida! Mesturamos diferentes ingredientes, experimentamos e descubrimos como facer que os nosos monstros botasen unha escuma coleida e terrorífica. Unha experiencia chea de sustos e curiosidade.



No hay comentarios:
Publicar un comentario