De novo!!...
VENRES DE POLOS!!
En 1º e 2º curso mergullámonos no mundo da programación, da orientación espacial e do pensamento computacional
Primeiro aprendemos xogando co noso propio corpo e experimentando en primeira persoa, e despois levamos todo o aprendido á aplicación educativa Kodable nos ordenadores,
Moi recomendable!
En 5º puxemonos en modo "Design Thinking" para idear por equipos os nosos proxectos nos que poñer en xogo a placa micro:bit.
Primeiro deixamos voar a imaxinación para, despois, construír os nosos primeiros prototipos.
En Infantil continuamos traballando o pensamento lóxico-mecánico e a motricidade fina construíndo con Korbo.
Nesta ocasión afrontamos novos retos de maior dificultade, que analizamos co apoio das tablets.
Vémonos na seguinte sesión!










No hay comentarios:
Publicar un comentario