VOZ NATURA

viernes, 22 de marzo de 2024

MULLER TRABALLADORA,CURSO 23/24,ORIENTACION,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,BIBLIOTECA CREATIVA,Emociónate, educación infantil, ANPA


 OBRADOIRO 6M EDUCACIÓN INFANTIL+ 1° E 2°
CONTACONTOS "COLOR CARNE" conto que aborda o racismo e a diversidade.
  OBRADOIRO POSTERIOR DE DEBUXO E PINTURA.
Colaboración ANPA e Orientación.



Obradoiro 8M
 1° 2° 3° e 4°
TEATRO E CONTOS DE NENAS REBELDES 

Benvidas/os ao obradoiro de teatro das Nenas Rebeldes!  Nenas e nenos de 1⁰-2⁰-3⁰-4⁰ fixemos un contacontos do libro de Nenas Rebeldes onde nos dividimos en grupos para poder xogar ao "Quen é quen" en forma de teatro!  ✨✨✨

OBRADOIRO 5° DE PRIMARIA
Contos de nenas rebeldes.. 
As nenas e nenos de 5⁰ de primaria, preparamos un programa de radio conxuntamente cunha actividade do libro de Nenas Rebeldes.

Cada nena e neno escolleu unha historia  real de cada nena ou muller, visibilizando o que crearon/fixeron/aportaron,  feitos moi importantes na historia da vida!
Graciñas✨



REMATAMOS OBRADOIROS 8 M OUTONÍA
5° e 6° Ep.

Para rematar co mes de Xornadas para igualdade  do 8M, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, acudiu a dous obradoiros organizados por Outonia, 

https://outoniacoop.gal, galardoada recentemente pola súa labor nos centros educativos sobre igualdade e saúde sexual. 

Os talleres estiveron enfocados a intervencións que buscan contribuír ao cambio de ollada cara unha ética dos coidados e bo trato, dando información sobre igualdade, saúde sexual dentro do seu programa de  educación afectivo-sexual e educación emocional para centros educativos. 

Cremos necesarias ditas formacións, como se realizaron nos obradoiros do curso anterior e tamén coa ENAPA do centro, para fomentar, como indica a lexislación 2/2010 sobre as medidas no ámbito educativo para a incorporación da formación en saúde seXUal e reproductiva ,como parte de desenvolvemento integral da personalidade e formación en valores:
· A promoción dunha visión da sexualidade en termos de igualdade e corresponsabilidade entre homes e mulleres con especial atención á prevención da violencia de xénero, agresións e abusos sexuais.
 · O recoñecemento e aceptación da diversidade sexual. 
· O desenvolvemento harmónico da sexualidade acorde coas características das persoas mozas. 
· A prevención de enfermidades e infeccións de transmisión sexual e especialmente a prevención do VIH.
 · A prevención de embarazos non desexados, no marco dunha sexualidade responsable.
 · Na incorporación da formación en saúde e saúde sexual e reprodutiva ao sistema educativo




No hay comentarios:

Publicar un comentario