Patios dinámicos!
Novos materiais, novas experiencias… novos aprendizaxes!
Esta semana estamos de estrea.
No cole montouse o novo kit
NinjaSafe,
onde podemos traballar a forza, o equilibro, a concentración e a motricidade fina e grosa, á vez que nos poñemos a proba a nós mesmos nun entorno inestable como é o slackline.
Seguro que lle imos sacar moito proveito!
Estade atentos!
Tamén aproveitamos o novo material de tenis de mesa, e aínda que temos a mesa en boxes, reinventamos o noso espazo da aula de usos múltiples e convertémola nun lugar da aprendizaxe deste novo deporte.
Parece que se lles da xenial a estes rapaces e rapazas,
seguiremos informando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario