CLUB DE CIENCIA

miércoles, 23 de noviembre de 2022

ANPA,NADAL,CURSO 22/23,



As actividades da  ANPA do noso colexio non cesan.

 Ademais das actividades de igualdade que levamos disfrutando dende uns meses e que culminarán a finais do primeiro trimestre, están preparando obradoiros de ciencia e contacontos para os máis cativos.

Nesta ocasión nos ofrecen unha EXPOSICIÓN de POSTAIS de NADAL.

Será na casa da cultura e  para poder levala a  cabo precisan moit@s  artistas , ou sexa a vós. Pero tamén pode participar toda a familia: país, nais, @s bebés, @s avós e avoas, tí@s etc.
Cantas máis postais mellor!!

Poderedes usar os materiais e os formatos que máis vos gusten... deixando voar a vosa imaxinación!

 O premio será colectivo e por ciclo, aportando ao cole algún conto ou xogo para o desfrute de tod@s.

Non deixedes de colaborar coa vosa!!

 Lembrade a data de entrega e o lugar!!

1 comentario: