CLUB DE CIENCIA

domingo, 25 de abril de 2021

RADIO NA BIBLIO. RADIO PINGUEIRA. CONCURSO PODCAST. COLABORACIÓNS. DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.XEOGRAFÍAS LECTORAS. DÍA DAS LETRAS GALEGAS .

 RADIO NA BIBLIO. RADIO PINGUEIRA.  CONCURSO PODCAST 2021. DÍA DAS LETRAS GALEGAS XELA ARIAS.

 O alumnado de 5º e 6º de educación infantil e o alumnado de 1º, 2º. 5º e 6º de primaria participan no III CERTAME DE PODCASTS - RADIO NA BIBLIO.

O alumnado estivo estes días preparando e grabando os programas en RADIO PINGUEIRA sobre XELA ARIAS, escritora homenaxeada o día das letras galegas 2021, os cales foron enviados para participar no certame.

Concursamos con 3 podcasts:

1. INFORMATIVOS XELA ARIAS, polo alumnado de 6º de primaria, onde nos dan a coñecer a vida e obra de Xela.

2. XELIÑA FALA GALEGO, polo alumnado de 5º onde transmiten o valor da nosa lingua e a importancia de valorala e mantela viva.

3. AS PALABRAS DE XELA, emitido polo alumnado de 4º e 5º de infantil e 1º , 2º de primaria.
   Transmíten a importancia da lectura e o traballo en equipo.

 DEIXÁMOSVOS UN ADIANTO!!!











AS GRABACIÓNS SERÁN EMITIDAS EN RADIO PINGUEIRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario