Ola a tod@s as nenas e nenos
Como sabedes ,este ano proseguimos dun xeito virtual co PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO.
Son varios os camiños que poden facerse , e unha forma de achegarnos ao seu coñecemento é a través das experiencias doutras persoas que xa o fixeran.
Por iso animámosvos, se coñecedes a alguén que xa o fixera, a facerlle unha entrevista para coñecer e facer así máis vivo o Proxecto.
Se ao final vos decidides pedide en Biblioteca ou ao vos@ titor@ un modelo de entrevista e xa vos orientamos como levala a cabo.
Imos a convertirnos en REPORTEROS do CAMIÑO.
Agardámosvos.
EQUIPO de BIBLIOTECA
No hay comentarios:
Publicar un comentario