martes, 15 de septiembre de 2026

CURSO 26/27,A NOSA BIBLIO,

 Presentamos por aquí os proxectos anuais e programas integrados no programa de bibliotecas escolares PLAMBE para este curso.

  • Radio na biblio (para primaria e para infantil).
  • Biblioteca creativa (  traballando en colaboración con Polos Creativos e  Club de Ciencia e  o IES, con todo o alumnado)
  • Voluntariado de biblioteca  ( 5º/6º)
  • Club de lectura ( 3º/4º/5º/6º)
  • Libros que veñen e van ( educación infantil)
  • Mochilas viaxeiras ( 1º/2º)
  • Brigadas verdes ( recuperamos  este programa en relación co coidado do medio ambiente e os ODS  para todo o alumnado )
  • XORNAL O FISCAÍÑO .  SEGUIMOS TRABALLANDO CON TODO  O ALUMNADO  NA EDICIÓN E PUBLICACIÓN DO NOSO XORNAL ESCOLAR,.
 Todos e cada un deles  estan integrados no desenvolvemento  do  día a día nas aulas. 


O proxecto de centro OS OFICIOS AMBULANTES DE ANTES, no seu segundo  e último ano , polo que  seguiremos aportando dende biblioteca o que se precise.

Patios dinámicos  seguirá programando, diversificando  e dinamizando  actividades e obradoiros, xogos ,   en colaboración coa biblioteca

Este ano o a folla de ruta da biblioteca vaise centrar  na aprendizaxe por parte dos nenos  da utilización dos  medios de información dixitais  e impresos e sobre todo na importancia  de ensinar un acceso  axeitado á información .

COMEZAMOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario