Venres de polos✨
En 4º xa temos case listo o noso pequeno "Frankenstein".
Instalámoslle a electrónica, programámoslle unha placa micro:bit e puxémolo a proba…
está a piques de volver á vida! ⚡🧠
En 3º chegou a quenda do
obradoiro de chaveiros! 🔑
Aprendemos a usar a cortadora láser e puxémonos mans á obra…
Así de que ben quedaron!!.
E con 6º…
cámara e acción! 🎬🔥
Estivemos a rematar a rodaxe da nosa animación contra o lume. Máis de 300 fotografías para crear unha pequena curta animada, feita integramente coas nosas mans!
Só falta poñerlle o son… e estará lista!













No hay comentarios:
Publicar un comentario