martes, 17 de marzo de 2026

POLOS CREATIVOS,BIBLIOTECA CREATIVA,CLUB DE CIENCIA,CURSO 25/26,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,

 Venres de polos




Esta semana, con 1º, seguimos coas actividades de preprogramación informática a través do personaxe Code Monkey 🐵

Primeiro teatralizámolo entre todos de forma vivencial, xogando e movéndonos no aula, para despois levalo as tablets 💻




🌸 Con 2º aprendimos que son as animacións feitas en stop motion 🎬

E, como non podía ser doutro xeito… puxémonos mans á obra! Fixemos unha pequena curta con plastilina para celebrar a chegada da primavera 🌼




E aquí tedes o resultado! 🎬✨


5º está argallando unha pequena sorpresa empregando a tecnoloxía... algo que sempre teremos a man! 🙊





E tocoulle a INFANTIL a súa quenda para facer os seus chaveiros personalizados coa cortadora láser, comezando a traballar dende o teclado informático e descubrindo como esta máquina pode axudarnos a crear cousas tan chulas 💻











No hay comentarios:

Publicar un comentario