VENRES DE POLOS
Hoxe, no Venres de Polos, co alumnado de 1º e 2º de PRIMARIA puxémonos mans á obra e deixamos voar a nosa creatividade!
Deseñamos, un a un, o noso nome na gran pantalla, coidando cada detalle, para despois envialo ao RAIO LÁSER.
O resultado?
Uns chaveiros únicos e feitos por nós mesmos!…
A ver quen perde agora a mochila polo cole! 😜
Con 5º de PRIMARIA seguimos a construír os nosos proxectos de xogos interactivos con placa micro:bit. Xa están case, case listos… pero non imos facer spoiler! 🤫🎮






No hay comentarios:
Publicar un comentario