lunes, 20 de octubre de 2025

Dia da biblioteca,curso25/26,Biblioteca de tololeo,

 24 DE OUTUBRO

DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS  2025



CONTRA A DESINFORMACIÓN ....  As bibliotecas procuran medios ao alcance de todos para  investigar, contrastar e coñecer...


Coñeces por que empezou a celebrarse  este día...  non deixes de escoitar  a nosa Radio Pingueira , ano tras ano  lembramos o por que , e tamén a importancia  das mesmas para todos e todas.

Dende o ano  1997  vense a celebrar esta data e nós dende a nosa biblioteca tamén  o faremos cunha exposición de libros de consulta , de información  que poderedes ver no noso corredor .


 tamén  íamos ter un obradoiro de investigación de fake news para a semana da prensa

Prorrogado... O Samaín vén forte...


E non esquezades que no patio de lecer teremos lecturas compartidas coma sempre.

Haberá recunchos habilitados .

Disfrutade un ano máis das vosas lecturas.


AGARDÁMOSVOS

Non deixedes de visitar as bibliotecas sempre que poidades..


Lembranzas da destrucion da biblioteca de Sarajevo consecuencia dunha guerra, desas que nunca deberon existir..

No hay comentarios:

Publicar un comentario