REFLEXARTE
Como explica a Fundación Botín no seu portal educativo reflexarte é un recurso educativo que promove o desenvolvemento emocional, cognitivo, social e creativo do alumnado.
Propón xerar espazos creativos e de reflexión, combinado cun grado de autonomia e forza.
Neste curso, se centrou no proxecto SHIMABUKU, onde un dos obxectivos creativos consiste en crear xoguetes para seres non humanos. Como no anterior curso, as actividades están divididas en antes-durante-despois.
As nenas/os, tiñan que investigar en casa e na natureza ,a que ser non humano lle crearían un xoguete. Para elo tiñan que observalo e coñecelo para saber que facía, que comía, por que medio se desprazaba, que lle gustaba, a que lle tiña medo, entre outras. Facían unha foto e o pegaban na súa ficha de exploración, conxuntamente respondendo a diferentes preguntas que se lle facían
A semana previa á etapa 3, as nenas/os foron decidindo que xoguetes ían crear e con que material lle gustaría facelo. Pedimos colaboración ás familias e as profes tamén trouxemos diferentes materias para os xoguetes que ían crear.
No momento da elaboración, distribuímos o material, no centro da aula e elas/eles tiñan a liberdade de ir collendo aqueles materiais cos que querían crear o xoguete. Foron moi creativos! E a verdade é que a motivación era moi alta, xa que moitos deles teñan máis ideas para seguir creando xoguetes.
PREMEDE NO QR PARA DISFRUTAR DA ACTIVIDADE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario