CLUB DE LECTURA

lunes, 31 de marzo de 2025

CURSO24/25,Emociónate,EDUSAUDE,obradoiros,

 

QUE É MUSE?

Nova posta en marcha do programa nas nosas aulas para rematar trimestre.

O programa MUSE chega a España en febreiro do 1996,  cando se subscribe o convenio entre o Ministerio de Educación e Ciencia, a Fundación Internacional Yehudi Menuhin e o propio Mestre Menuhin, iniciándose a colaboración para a aprendizaxe e a práctica artística como fonte de equilibrio e tolerancia.  

É un proxecto de intervención educativa a través da arte, que parte da utilización das artes como ferramenta para o traballo nos centros educativos e contempla o desenvolvemento da intelixencia emocional, como fonte que pretende fomentar a cohesión social, e loitar contra a posible exclusión de nenos e nenas que viven en ambientes desfavorecidos. 

É un Programa a través da arte que aúna distintas facetas de traballo: artística, social, cultural e educativo, resultando unha ferramenta útil  segundo avala a avaliación externa realizada.


O MUS-E® fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes, a autoafirmación dos menores, a mellora da súa autoestima e o fomento nos usuarios do emprendemento e a iniciativa a través da creatividade

Deixamos por aquí como foi a actividade coa rapazada.





No hay comentarios:

Publicar un comentario