CLUB DE LECTURA

lunes, 24 de febrero de 2025

ESCOLA DE PAIS/NAIS,CURSO24/25,COLABORACIÓNS,ORIENTACION,orientación,ANPA,


Escola de familias TRIVES

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 

CEIP plurilingüe Manuel Bermúdez couso


Este venres 21 de febreiro, tiveron lugar as Xornadas de formación para familias e profesionais organizadas pola Escola de Familias de Trives e departamento de Orientación do colexio. O centro de formacion ao profesorado (CFR) contribuíu asemade a que se puideran levar a cabo, Tamén a colaboración e difusión da información por parte da ANPA o Recreo, e  a colaboración do departamento de Docencia do Hospital Universitario de Ourense.

Dende as 16.00 horas ata as 20.00horas tiveron lugar dúas ponencias interactivas, levadas a cabo por duas profesionais de enfermería da Unidade de Saúde Mental do CHUO, Andrea Novoa, presentado "A infancia temperá, un verdadeiro desafío"; e Karla Caballero presentando " Axudar a Medrar , puberdade e adolescencia". 

Unhas 40 persoas procedentes de concellos de Manzaneda, Trives, A rúa , O Barco de Valdeorras, Ourense, Maceda, Quiroga... reuníronse na Biblioteca do CEIP Manuel Bermúdez Couso, para asistir e participar nas ponencias; onde o feedback foi moi positivo en relación a organización e participación de xornadas de saúde mental  na nosa vila. 

A importancia de poder ter formación, estratexias e recursos, para comprender as diferentes etapas de neurodesenvolvemento dos nosos cativ@s, é fundamental para contribuír  a unha mellora da calidade en relación a saúde mental.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario