XA está AQUÍ
ACHÉGASE o tempo do ENTROIDO
Bombos, aixadas, gadañas, castañeteiras, Folións
Disfraces, lardeiros, lardeiras,
Compadres, comadres
TRADICIÓNS
Xa estamos na época do ano na que o noso alumnado desperta cos ritmos dos Folións, na que nas nosas aulas baten os lapis nas mesas ou os pes no Chan, os recreos cheos de ritmo e percusión , danzas dos boteiros e moita moita ilusión
Vén febreiro cheo de actividades :
Acollemos a Rosalía e o día da lingua materna cunha alborada pola rúas da vila.
Teremos obradoiro de lardeiros e lardeiras na biblio.
Disfrutaremos de
Compadres o día 20
Comezaremos a semana louca o 24 seguindo as ordes do meco.
Correremos as lardeiras en Comadres o día 27
Desfilaremos o 28 dando ritmo e cor e queimaremos o lardeiro e a lardeira escoitando as coplas dxs maiores do cole.
Feliz entroido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario