CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE TOLOLEO
Unha vez mais traemos por aquí unha bonita mostra das COLABORACIÓNS da ANPA co colexio.
Desta vez foi a dramatización dun fermoso conto
ORELLAS DE BOLBORETA,
da editorial Kalandraka, para o alumnado de educación infantil.
Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro que lles demostre, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables.
GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario