POLOS CREATIVOS, un novo espazo na biblioteca de Tololeo, no noso centro.
PROXECTO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA CURSO 2022-24.
PLANETA TRIVES..
En consonancia cos obxectivos da axenda 2030 por un planeta mellor..
Xirará ao redor dos usos que lle damos á auga e a súa posta en valor , a reciclaxe, a aprendizaxe cooperativa e creativa.
Todo iso nun espazo que se vai crear na biblioteca, un espazo maker no que os nenos e nenas poderan aprender fedellando e alimentando a súa curiosidade.
O primeiro paso é crear o espazo, dotándoo de material e identidade propia. E para iso precisamos que os nenos e nenas aporten tapóns de plástico e comezaremos cos rotulación do mesmo.
Irémosvos contando e ensinando o espazo no que se pretende poidamos involucrarnos toda a comunidade educativa.
Grazas sempre pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario