Como sabedes o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR pola PAZ e a NON VIOLENCIA, e para conmemorala fixemos un mural sobre o noso proxecto e os camiños da PAZ.
Ademais doutras actividades que iremos subindo ,convidámosvos a participar nun recitado de poesía en familia.
Buscade un pequeno poema sobre a Paz ou valores que vos guste,( podedes buscar na internet) recitádeo na casa cos vos@s pais ou nais, tío, tía, primo, prima.... e enviade a grabación ( vídeo) ao voso titor ou titora.
Dende Biblioteca subiremos todas esas mensaxes portadoras de Paz.
Graciñas pola vosa colaboración!!
A todas as familias do noso alumnado .
Biblioteca de Tololeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario