COLABORACIÓNS QUE ENRIQUECEN.
Os nen@s de 6* de educación infantil ,cuarto e primeiro curso de primaria contribuiron a fomentar unha tradición do noso.
OS MAIOS.
Así investigaron , recolectaron flores e compuxeron estes maio coa axuda das súas titoras e a mestra de arts and krafts.
Para comezar ,o proceso de investigación correu a cargo de cuarto de primaria. Así grabaron na nosa RADIO PINGUEIRA.
Premede para escoitar o que nos teñen que contar estes mociños e mociñas!
Imaxe do momento da grabación...
Os nenos e nenas de 6* de infantil levaron a cabo un traballiño súper importante confeccionando o MaiO, ben bonito lles quedou e como veredes tamén lle cantaron as coplas!
Finalizamos cos pequenos e pequenas de primeiro de primaria, que fixeron festa grande cantando estas coplas ben xeitosas.
Letra das coplas aos Maios.
Este mes de maio, é o mes das flores.
Cando os paxariños deixan ver os seus amores.
Velaí vén o Maio, vén pra Vilariño, velaí vén o Maio, venche sair ao camiño.
Levántate Maio que tanto durmicheS,
Pasou o inverno e non o sentiches.
Parabéns a tod@s estes artistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario