A continuación as actividades desenvolvidas nas distintas titorías por mor do día  contra da VIOLENCIA de XÉNERO e pola IGUALDADE.
..............
Os pequenos do cole, os nenos e nenas de tres anos cunha canción preciosa.
Os nenos e nenas de 5 anos e a súa maleta das palabras bonitas.
OS NEN@S de segundo de primaria lembraron o por que desta data e coñeceron a historia das tres bolboretas.
As nosas bolboretas, feitas coas nosas mans,  reivindican a igualdade de trato para homes e mulleres, nenos e nenas, independientemente da cal sexa a súa raza, relixión ou condición.

Os nenos e nenas de terceiro tamén traballaron co libro dos Bolechas contra a VIOLENCIA de XÉNERO e a favor da IGUALDADE.
Os maiores do cole amósanos unha parte do seu traballo neste día
Os pEquEs dE pRimEiRo envíannos  o seu traballiño sobre este día cargado dunha mensaxe positiva.







No hay comentarios:
Publicar un comentario